Arrinca a rodaxe de 'Antes de Nós', película onde Xoán Fórneas encarna a Castelao
A película, que arrincou esta semana a súa rodaxe, proxectarase en 2025 en cines.
Poucas -ou ningún- figuras hai máis icónicas dentro da cultura galega como a de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao. As súas lentes redondas e o seu chapeu son dous elementos dos máis reconocibles e que nos conectan con este pensador, ensaísta, debuxante, escritor e político que é exemplo do nacionalismo galego. Unha personalidade que tomaron para protagonizar a película 'Antes de Nós', que esta semana arrincou a súa rodaxe e na que o actor Xoán Fórneas dará vida a Castelao.
As produtoras Zenit TV e Retrincos A.I.E escóndense detrás desta cinta na que tamén participan a TVG e a Xunta, así como da Deputación e o Concello de Pontevedra. Nancho Novo, Cris Iglesias ou Miquel Insua son outros dos rostros coñecidos desta obra que teñen a Anxos Huerta sentada na cadeira do director e que promete estrear en salas o ano que vén.
Pepe Coira é o encargado do guión dunha película que nos transportará a Rianxo, pobo natal de Castelao, ou Pontevedra, Santiago, Muros ou Fisterra. Desde a produtora avanzan que a cinta "non é unha biografía convencional", senón que busca "entender como era Castelao" a través das súas emocións, das circunstancias históricas que lle tocou vivir, entre elas a gran epidemia de gripe de 1918 ou a súa viaxe a Bretaña en 1929 tras a morte do seu fillo.
Escribe o teu comentario