(VÍDEO) Filloas reedita 'Verán', a canción ideal para os días de sol e praia

Antes do concerto deste sábado en Ou Vao polas Festas do Carme, a proposta de música urbana que comanda Iago Galego Ferreiro reedita un dos seus "clásicos".


|

Unnamed (16)

 

O de Filloas foi un ano de non parar, e o natural é que no verán se tome o seu tempo para descansar e recuperar toda a enerxía que malgasta nos seus directos. No entanto, moito nos tememos que entre concerto e concerto terá pouco tempo para facer castelos de area na beira, porque unha das últimas sensacións da música en galego ten unha serie de datas comprometidas esta estación, pola que ten unha predilección especial.

 

REEDICIÓN E CONCERTOS

Así o demostrou coa nova versión do seu tema 'Verán' -"un gran éxito, polo menos na súa casa", como o define as propio Filloas-, que xa está dispoñible en todas as plataformas, cun ritmo que engancha desde a primeira escoita e que resulta ideal para pór no traxecto en coche até a praia. Os amores de verán, eses que van e veñen, son o elemento central desta canción con chiscadelas á praia ou a noite compostelá, que vén confirmar "os rumores de que Filloas estaba a preparar un novo traballo". 

 

 

O "primeiro artista de hyperpop en galego" ten por diante unha serie de compromisos que cumprirá, presumiblemente, enfundado nunha camiseta do Coruxo. O primeiro de todos este sábado, nas Festas do Carme de Ou Vao. De alí saltará até A Coruña, onde o martes actuará no marco do Atlantic Pride para xa máis tarde, o 24 de xullo, dalo todo na capital con motivo do Festigal

 

Estes son só algunhas das oportunidades para gozar da proposta de música urbana que comanda Iago Galego Ferreiro, pero no outono haberá moitas máis, como o concerto programado na Disfrutona, A Coruña, para o próximo 18 de outubro. Nas próximas datas dará a coñecer máis días marcados en vermello no calendario. 

 

Unnamed (17)
Filloas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE