A tiktoker noiesa Totakeki inicia unha campaña para salvar a ría de Noia

Totakeki asegurou que "a ría de Muros e Noia está en grave perigo"


|

Totakeki
A tiktoker noiesa Totakeki nun vídeo na súa canle de YouTube

A tiktoker noiesa Mercedes Silva, coñecida en redes como Totakeki, publicou a pasada semana un vídeo que se fixo viroso no que explicaba a problemática da Mina de San Finx e as verteduras que esta orixina sobre a Ría de Noia.

 

A propia Totakeki acaba de lanzar agora un apetición na plataforma Change.org para poder xuntar apoios a través de firmas e loitar contra o que ela denunciaba a pasada semana en redes sociais.

 

Na súa petición, que conta actualmente con case 1000 firmas, Silva asegura que "a Ría de Muros e Noia está en grave perigo", e con ela "as máis de 1500 familias que traballamos e vivimos do mar", sentenza a tiktoker.

 

Explicou que se pretende reactivar a actividade da mina, vertiendo a auga á ría. Isto, afirma, "suporía o peche do banco marisqueiro". Indica que se trata dunha mina que dentro das súas galerías acumula máis dun millón de litros de auga "con valores en metais pesados que multiplican por oito os valores permitidos".

 

"Agora é o momenro de loitar e defender a ría. Os mariscadores e mariscadoras vémonos nunha situación moi perigosa", denuncia Mercedes Silva na súa petición en Change.org. "Loitemos por manter a nosa ría sen contaminación na auga", conclúe.

 

Ao final da petición, Silva ha incluído un enlace a un vídeo publicado na súa canle de YouTube no que explica as consecuencias da reactivación da mina e da historia da mesma.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE