Un creador galego, Elohim, primeiro artista plástico cunha exposición no Metaverso (vídeo)
Será o metaverso a próxima gran revolución na internet ou un carísimo desenvolvemento de realidade virtual que acabará significando a ruína para Facebook? Os tecnólogos non teñen unha opinión unánime pero, aos poucos, este mundo dixital empeza a crecer en contidos.
Elohim, un artista de Vigo, lanza, xunto coa compañía Koonstel, de Barcelona, o que chaman a primeira exposición do mundo no metaverso creada por un creador plástico. A mostra chámase “A Gran Revelación” e o seu funcionamento explícase neste vídeo de youtube:
Nela, presentan 33 pinturas tokenizadas, convertidas en metaversos cósmicos, que, en palabras do artista “o que fago é transformar as pinturas, directamente saídas das miñas mans nun proceso de alquimia dixital onde se converten en obras en movemento nas que é posible percibir as enerxías das pinturas. Grazas ás lentes de realidade virtual descóbrese a sublimación e o salto cuántico á arte tradicional. Así, ven animais de poder como aguias, bufos, tigres ou seres dimensionales como fadas ou trasgos”.
O metaverso entronca con outra das tendencias puxantes na rede, o comercio arquivos NFT de obras de arte. É o denominado denominado cripto arte , onde Elohim aspira a ser un dos pioneiros no país.
"Hai moitos actores do mundo da arte que esta transformación pilloulles co pé cambiado. Pasaron de ser quen tiña as chaves do mercado e agora ven como nesta nova dimensión artística o artista pode acceder directamente ao coleccionista” explica Elohim
Escribe o teu comentario