Fartura na Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol polas "malas formas" do persoal de cociña
Máis dunha vintena estudantes concéntranse no exterior das instalacións situadas en Serantes.
Algo máis dunha vintena de estudantes da Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol, onde se forman entre 80 e 90 persoas, protagonizaron este xoves unha concentración para denunciar o mal funcionamento do comedor.
Unha das estudantes deste centro, situado en Serantes e no que hai estudantes internos e outros que residen noutros lugares, Isabel Suárez, explicou que decidiron facer esta protesta para denunciar "o mal funcionamento do comedor" e "as malas formas das cociñeiras".
Segundo censurou, estas "van traballar sen usar as cofias" e obrigan aos estudantes a "desbarasar as bandexas", un labor que non lles corresponden como "como pon as normas do centro". Ademais, trasladou que como os alumnos se negaron a este labor, deixáronos " sen almorzar".
Esta alumna sostivo que "a comida moitas veces está en mal estado" e que "as ceas" se preparan "polas mañás". Por iso, dixo que xa informaron da situación a través de protestas por escrito e en rexistro. "Falamos con Santiago, o director reuniuse, pero nada, entón decidimos reunirnos, facer folga e protestar, a ver se así nos fan un pouquiño máis de caso", manifestou.
Escribe o teu comentario