"Fóra maricóns": Investigan os grafitis homófobos nun banco coa bandeira arcoiris en Cabanas

O BNG pide a condena dos feitos e a restauración dos bancos ao seu estado orixinal

 


|

O banco, situado no paseo da Madalena da localidade coruñesa, apareceu con comentarios homófobos como "maricón ou que se sente"-

 

"Fora maricons" ou "Maricóns sidosos" son algúns dos cometarios pintados no asento, polo que desde o BNG piden a súa inmediata restauración.

 

 

Pintadas homófobas en un banco pintado con la bandera arcoiris
Foto: EP


Un banco decorado coas cores da bandeira arcoiris situado no paseo da Madelana, en Cabanas (A Coruña), foi vandalizado con mensaxes homófobos.

Os feitos foron denunciados este mércores polo BNG de Cabanas (A Coruña), que rexistrou unha iniciativa no concello que solicita unha condena institucional e que se restitúan as cores do banco.

"Queremos un concello para todos, onde todos sentan benvidos", sinalou a viceportavoz do grupo municipal nacionalista, Paula Fernández.

"Os autores destes feitos son unha minoría intolerante cara á que expresamos o noso rexeitamento e, estamos seguros, que tamén o pobo de Cabanas", remarcou.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE