Ángel Mato dá positivo en Covid e vese obrigado a cambiar os seus plans para a xornada de reflexión

Mañá, domingo, acudirá a votar, avisando previamente ao presidente da súa mesa da hora, para poder garantir a distancia social


|

ángel mato ferrol psoe
Arquivo - O alcalde e candidato á reelección de Ferrol, Anxo Mato

O alcalde de Ferrol e candidato á reelección polo Partido Socialista, Anxo Mato, viuse obrigado a cambiar este sábado os plans preparados para a xornada de reflexión polo asilamiento, despois de dar positivo en coronavirus.

 

"Lamentablemente, despois de tres anos esquivando o virus, o que onte parecía un pequeno arrefriado converteuse esta mañá en Covid ", apuntaba Anxo Mato nun comunicado no que avanzaba que deu aviso do seu positivo ás persoas que compartiron con el o peche de campañana e aos portavoces políticos que estiveron no seu último debate.

Ante esta circunstancia, decidiu cancelar a súa axenda pública de hoxe para "evitar contactos innecesarios", a pesar de que sanitariamente xa non é unha obrigación. O domingo acudirá a votar, como estaba previsto, comunicando ao presidente da mesa a hora a farao, para que as persoas que alí estean poidan manter a distancia necesaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE