Aberto o debate sobre o desenvolvemento e uso da IA dentro da Xunta de Galicia
O Consello Galego de Intelixencia Artificial celebrou esta semana a súa primeira reunión executiva na que se informou das achegas dos integrantes do Consello ao Programa Galego de Intelixencia artificial 2025-2027, que será elevado ao Consello da Xunta proximamente.

Este Programa busca consolidar a Galicia como referente no desenvolvemento e aplicación da IA, acelerando a adopción desta tecnoloxía en todos os sectores da sociedade galega.
Galicia foi unha das tres primeiras Comunidades en aprobar unha estratexia propia de IA e a primeira rexión europea en aprobar unha lei para o seu desenvolvemento e uso na Administración e a súa promoción na sociedade.
Os integrantes deste órgano de participación e asesoramento tamén puideron escoitar, da man do vicepresidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luciano Fernández, as expectativas das persoas con discapacidade con respecto ao desenvolvemento desta tecnoloxía.
O Consello Galego de IA foi creado pola Lei 2/2025, de 2 de abril, para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia artificial en Galicia como máximo órgano colexiado de participación pública, privada e do coñecemento.
Escribe o teu comentario