Os clientes de Gadis doan máis de 34.000 euros á loita contra o cancro
En catro edicións as achegas á AECC aproxímanse aos 80.000 euros.
Un ano máis, a firma de supermercados Gadis celebra un novo éxito no seu capaña 'A compra da túa vida', unha iniciativa solidaria coa que a compañía galega trata de concienciar aos seus clientes dos establecementos de Galicia e Castela e León sobre a importancia de achegar entre todos o noso granito de area para loitar contra o cancro.
CASE 80.000 EUROS EN 4 ANOS
Nesta nova edición, a achega dos clientes de Gadis ascende até os 34.149 euros, recadados entre os días 7 e 16 de febreiro en vos 222 establecementos da cadea de supermercados repartidos polas dúas comunidades autónomas nas que ten presenza.
"Desde Gadis quérese destacar o respaldo dos clientes a esta importante causa social. Unha colaboración que este ano aumentou un 135% con respecto ao pasado, o que é motivo de agradecemento por parte da empresa", celebra a compañía.
Nese sentido, desde Gadis destacan que "os fondos recadados irán destinados a sufragar proxectos de investigación e ao benestar dos pacientes" nos proxectos coa Axencia Española Contra o Cancro nunha alianza coa que celebran xa catro edicións nas que as achegas rozan os 80.000 euros.
Escribe o teu comentario