Sogama recoñece a implicación cidadá na reciclaxe do colector amarelo, que sobe case un 4%

A cantidade de resiuos do colector xenérico, o da bolsa negra, aumentou un 0,45% no último ano.


|

Archivo - Basura para incinerar en la planta de Sogama
Foto: EP


 

A entidade público-privada Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) recolleu un total de 780.199,59 de toneladas de residuos sen reciclar a través da bolsa negra que se deposita no colector xenérico, o que supón un 0,45% máis que as 776.689,19 toneladas de 2023.

Nun comunicado, Sogama reclama unha "maior implicación" dos concellos galegos para mellorar e poder alcanzar os "obxectivos europeos", aínda que defende que os datos de reciclaxe evolucionaron " favorablemente".

Segundo datos ofrecidos por Sogama este luns, a provincia de Ourense rexistrou a maior subida de residuos en bolsa negra, cun 2% máis; seguida pola de Lugo (+1,23%) e A Coruña (+0,62%). En cambio, na provincia de Pontevedra, houbo un descenso do 0,44%.

Precisamente, o Goberno advertiu recentemente á Xunta de que Galicia deberá pagar maior multa ao estar á cola en reciclaxe nunha eventual sanción a España por non cumprir os obxectivos europeos nesta materia.

Así mesmo, a reciclaxe da bolsa amarela (plásticos, latas e envases) creceu un 3,75% en 2024, até 34.653 toneladas.

Mentres, a materia orgánica depositada en colector marrón só supuxo 3.180 toneladas en 2024, aínda que sobe un 282% ao comparar coas pouco máis de 830 toneladas entregadas a plantas de biorresiduos en 2023. A estas cantidades habería que engadir as propias da compostaxe comunitaria e doméstico, agrega.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE