Gadis lidera a preferencia dos galegos para a compra de peixe, segundo a OCU

Un recente estudo da Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) situou a Gadis como a cadea de supermercados galega preferida para a compra de peixe fresco. Ademais, a empresa sitúase entre as dez primeiras a nivel nacional en satisfacción do cliente neste ámbito. 
 


|

Pescaderu00eda en un Gadis
Peixe nun Gadis

A OCU realizou enquisas a preto de 4.900 socios para avaliar a satisfacción dos clientes en 46 supermercados e hipermercados a nivel nacional. Gadis é a única cadea galega que se sitúa entre as dez mellores de España na sección de pescadería, destacando pola calidade dos seus produtos e a atención ao cliente.

 

As pescaderías da cadea apoian ao sector pesqueiro local, contribuíndo ao desenvolvemento da comunidade. Ademais, a atención directa en mostrador fomenta a atracción e retención de talento cualificado, contando con preto de 1.000 profesionais en toda a cadea de valor da pesca.

 

Segundo o estudo, o 66 % das persoas compra froitas e verduras habitualmente en supermercados. No caso da carne, o 51 % adquírea no supermercado, mentres que a porcentaxe diminúe ao 44 % para o peixe fresco.

 

O éxito da pescadería de Gadis ten que ver con la potencia pesqueira da flota de baixura e de fresco galega. Desde as súas plataformas nos portos da Coruña, Vigo e Burela, así como un centro en Valladolid, Gadis distribúe peixe e marisco aos seus puntos de venda mediante, di a empresa, un sistema de loxística verde que asegura a trazabilidad e mantén a cadea de frío, optimizando rutas para minimizar a pegada medioambiental.

 

O estudo sinala que as cadeas rexionais de supermercados, como Gadis, adoitan estar entre as mellores, segundo a enquisa de satisfacción, con máis de 18.000 experiencias de compra. Algo que pode ter que ver coa capacidade destas cadeas de captar subministracións de proximidade. 

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE