Viaqua e Cruz Vermella reforzan a súa alianza en Galicia para axudar aos máis desfavorecidos
As entidades asinan un documento no que se comprometen a "traballar xuntas en iniciativas que promovan a igualdade, a sustentabilidade e o benestar das persoas máis desfavorecidas".
A vida é complicado pero, afortunadamente, hai persoas que nolo fan un pouco máis fácil, especialmente naquel momento de maior vulnerabilidade. Para axudar a esas persoas en situacións especialmente delicadas, desde Viaqua e Cruz Vermella tenden as súas mans en todos aqueles municipios nos que a empresa encargada da xestión da auga ten presenza, a fin de poder colaborar de maneira conxunta no desarrolo de accións que permitan mellorar as condicións de vida de moitas persoas en Galicia.
ACORDO A FUTURO
Esta non é unha colaboración nova senón que conta con anos de estreita relación entre as dúas entidades de moitos anos, e que agora vén de ser referendada pola presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Mercedes Casanova Díaz, e o director Executivo de Viaqua, Nicolás Esmorís Cendón, coa firma do convenio que tivo lugr na Vila dá Auga, sede de Viaqua en Santiago de Compostela.
A pretensión dos dous organismos é "ofrecer apoio directo a quen máis o necesitan, fomentando ademais a sustentabilidade ambiental e a formación para o emprego". "Este convenio con Cruz Vermella reflicte o noso compromiso coas persoas e a contorna onde operamos, garantindo que o noso apoio chegue a quen máis o necesitan, promovendo o acceso á auga, o emprego e a sensibilización ambiental", declarou Esmorís.
Casanova, pola súa banda, mostrou o seu agradecemento a Viaqua por "a implicación" que demostrou nos proxectos nos que traballaron de xeito conxunto. Charlas informativas, a creación dun fondo social rexional para o pago de recibos de auga para garantir o acceso a este recurso a familias e persoas en situación de vulnerabilidade ou a formación do persoal de Cruz Vermella a ravés do programa de clientes 'Viaqua Contigo' son algunhas das claves do acordo, ademais de buscar a inserción laboral de colectivos en risco de exclusión ou promover campañas e talleres educativos que versen sobre a sustentabilidade e o coidado ambiental.
"Con este convenio, ambas as organizacións reafirman o seu compromiso de traballar xuntas en iniciativas que promovan a igualdade, a sustentabilidade e o benestar das persoas máis desfavorecidas, reforzando o tecido social galego e enfrontando os desafíos do presente e o futuro", conclúen.
Escribe o teu comentario