Abel Caballero expedienta a Ryanair por incumprir o acordo para voos a Londres desde Peinador

"A ruta a Londres está vinculada a un contrato de promoción co Concello que a compañía Ryanair incumpriu con faltas graves", notifició o regidro en plena guerra da compañía aerea contra Aena.


|

Archivo - Avión de la compañía irlandesa en la pista de un aeropuerto
Arquivo - Avión da compañía irlandesa na pista dun aeroporto

 

O Concello de Vigo abriu un expediente de "imposición de penalidades" á aerolínea Ryanair, coa que ten subscrito un contrato de promoción turística da cidade a través da conexión aérea con Londres, por "graves" imcumplimientos do acordo, tanto en materia do número de voos como das accións publicitarias comprometidas.

En declaracións remitidas aos medios, o alcalde, Abel Caballero, referiuse ao recente anuncio de Ryanair de recortar máis voos, entre eles, en Vigo (unha conexión a Barcelona) e sinalou que, aínda que a compañía é "libre de facer os voos que considere e desde onde considere", hai un acordo para o Vigo-Londres que Ryanair "está a incumprir".

Así, sinalou que a empresa incumpriu o número de voos pactados e os termos da promoción turística que estaba "obrigada" a realizar; por esas "deficiencias" e "incumprimentos", o Concello abriu un expediente "pra analizar a situación na que se atopa" ese contrato.

"A ruta a Londres está vinculada a un contrato de promoción co Concello que a compañía Ryanair incumpriu con faltas graves. Isto significa que xa se iniciou un expediente de imposición de penalidades por incumprimento grave", confirmou o rexedor, que matizou que, en realidade, son dous expedientes, un polo recorte de voos e outro polas accións de promoción.

Segundo explicou, "en moi poucos días" resolveranse os trámites "e os técnicos decidirán que corresponde facer cos incumprimentos de Ryanair no voo de Vigo a Londres".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE