Gadis regresa ás aulas cunha nova edición do Programa Alimentes Dixital
Visitas aos establecementos de venda ou o programa dentro de Alimentes Dixital forman parte da proposta desta edición.
Nos supermercados de Gadis hai moitas leccións que son importantes e das que podemos aprender moito. Por iso, un ano máis, escolares de 479 centros educativos de Galicia e Castela e León participarán nunha nova edición do Programa Alimentes Dixital, unha iniciativa que busca fomentar hábitos de vida saudable entre os máis pequenos e para os que a firma facilita os recursos educativos de calidade para completar os coñecementos que se adquiren na escola.
Nurtrición, consumo responsable, redución do desperdicio alimentario e o valor do desenvolvemento local e sostible son as áreas temáticas do programa, pensado para estudantes de Educación Infantil e Primaria, enmarcados en coñecementos impartidos nas materias de Ciencias Naturais e Sociais.
"Cada curso escolar, Gadis incorpora novos contidos á plataforma dixital co obxectivo de enriquecer a aprendizaxe e continuar captando o interese dos estudantes. Este ano reforzouse a parte centrada no medioambiente cunha nova unidade que describe o ciclo da auga e na que se abordan cuestións como o cambio climático, a importancia de non desperdiciar os recursos hídricos, a agricultura sostible, a reforestación ou o tratamento de augas residuais", destacan desde Gadis do seu programa.
PRATO ALIMENTES E VISITAS
Unha ducia de textos, vídeos e fichas indicativas conforman a proposta de Alimentes Dixital, que conta coa unidade do Prato Alimentes, onde "se detallan as porcións e categorías axeitadas de alimentos que se deben consumir para un menú equilibrado, segundo a recomendación do Prato de Harvard".
Por outra banda, esta edición tamén se organizarán visitas aos supermercados de Gaids para completar a aprendizaxe virtual, descubrindo todos os segredos das seccións de produto fresco e "transmitir que os produtos frescos e de tempada son máis sostibles e saudables". "Para facilitar a xestión destas visitas presenciais, os docentes dispoñen dun calendario dixital habilitado na plataforma para reservar día e hora", detalla Gadis, con dúas décadas de compromiso coa educación.
Escribe o teu comentario