O estaleiro vigués Freire leva un contrato da Armada española por 17,8 millóns de euros
A firma asume a construción dunha embarcación de apoio a mergulladores para a Armada.
O estaleiro vigués Construcións Navais P. Freire adxudicouse a construción dunha embarcación de apoio a mergulladores para a Armada por máis de 17,8 millóns de euros.
Segundo publica este martes a Plataforma de Contratación do Sector Público, este barco destinarase á Dirección de Xestión Económica da Xefatura de Apoio Loxístico da Armada.
En concreto, trátase dunha embarcación de apoio a mergulladores, cuxo orzamento base de licitación sen impostos ascendía a máis de 19,4 millóns, cun valor estimado do contrato de máis de 23 millóns.
Con todo, a oferta de Freire foi a única que se presentou, cun importe de algo máis de 17,8 millóns, sendo adxudicado á compañía viguesa. Agora, a empresa terá 20 meses para a execución do contrato.
Escribe o teu comentario