Traballador de Stellantis Vigo chama "amarelo" a un xefe, "marioneta" a un compañeiro e recibe unha sanción

Na planta de Stellantis en Balaídos,Vigo,  un traballador foi sancionado cunha suspensión de emprego e soldo durante 45 días por insultar a un compañeiro de traballo. A empresa decidiu aplicar esta medida despois de que o empregado cualificase ao seu colega de “marioneta dos xefes” nunha discusión na fábrica. 

 


|

José Luis Alonso Mosquera.
José Luís Alonso Mosquera, máximo responsable da factoría de Stellantis en Vigo - Arquivo.

 

 

Segundo as fontes, o incidente tivo lugar en 2021, cando o traballador sancionado reprochou ao seu compañeiro pola súa estreito relación cos encargados, dicindo ademais que el chegara ao seu posto sen a necesidade de "chuparlla a ningún encargado". Posteriormente, a un superior tachoulle de "Ao Capone", o capo de mafia, e cualificouno de "amarelo", termo que usan os proletarios para referir a compañeiros e sindicatos que defenden máis os intereses da empresa que os dos aslariados.

 

Tras a sanción imposta por Stellantis, o caso chegou aos tribunais, e a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) falla a favor da empresa. Segundo a resolución, os comentarios constitúen unha falta moi grave, o que xustifica a sanción imposta. 

 

A decisión ratifica que a sanción é proporcional á infracción cometida, pois a empresa considera que este tipo de actitudes perturban o ambiente laboral e non poden ser toleradas.

 

Este fallo reforza o poder das empresas para sancionar condutas inapropiadas que afecten a convivencia e a orde interna.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE