Ryanair di aos pasaxeiros dun Vigo-Barcelona con 12 horas de atraso que "llas apañen" para o transporte ou aloxamento

O voo, que ía saír do aeroporto olívico este luns ás 23:30 horas, acumulou 12 horas de atraso, saíu ás 11:30 do martes e a aerolínea delegou nos afectados a organización das consecuencias deste inconveniente. 

 


|

Ryanair
Ryanair

 

Un voo que tiña previsto despegar do aeroporto de Vigo ás 23.30 horas deste pasado luns con destino a Barcelona sufriu un atraso dunhas 12 horas, deixando a decenas de pasaxeiros en terra, mentres que a aerolínea Ryanair delegou nos afectados autoorganizarse o seu propio transporte e aloxamento para pasar a noite.

Así, segundo publicaron diversos afectados nas súas redes sociais, a compañía atrasou o voo en varias ocasións por causas operativas, ata que finalmente lles informou de que non sairía até as 10.00 horas deste martes (aínda que despois partiu sobre as 11.30 horas).

Con todo, tal como denuncian, Ryanair avisoulles por unha mensaxe de texto que non había aloxamentos dispoñibles cerca do aeroporto para pasar a noite, polo que lles "suxeriu" que se organizasen o seu propio transporte e aloxamento nun hotel e que gardasen os tickets, que serían pagos posteriormente.

Por todo iso, lamentaron a falta de explicacións e o "abandono" que sufriron, debido a que o aeroporto de Vigo non está aberto 24 horas, polo que sobre as 03.00 horas da madrugada tiveron que saír das instalacións.

Os pasaxeiros criticaron o "vergoñoso" trato recibido pola empresa e destacaron a existencia de persoas maiores e nenos entre os afectados, que tiveron que "#buscar a vida", a pesar de que algúns deles non dispuñan de diñeiro para pagar os hoteis. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE