Os avances de Viaqua no proxecto Waterun prometen cambiar para sempre a festión de algua de escorrentía

Este mes de setembro comezarán óbraas no Viario de Ptolomeo para unha mellor xestión da auga de choiva.


|

Waterun viaqua
Foto: Waterun

 

Se algo caracterizou sempre a Santiago de Compostela é a súa choiva. É un elemento indisociable da capital galega e que desde Viaqua, xunto con outros estamentos, tratan de converter nun modelo para outras moitas urbes a través do proxecto europeo Waterun, enfocado na xestión da auga de escorrentía. A participación da firma nesta proposta é clave para o seu éxito, cunha serie de medidas que prometen cambiar para sempre o tratamento deste recurso.

 

Sen ir máis lonxe, en Santiago búscanse solucións para evitar inundacións no parque empresarial do Tambre. Por iso, en coordinación co Concello de Santiago e a Asociación Área Empresarial do Tambre, comezarán leste mesmo mes as obras para a construción dun sistema de drenaxe urbana sostible no Viario de Ptolomeo, o que condicionará o tráfico de dous carrís, un nese viario e outro na rúa Vía Edisón. 

 

 

“Este SuDS consiste nunha unidade de filtración activa composta por capas de area, grava e unha superficie de fitotratamiento polas cales permea a auga de escorrentía retendo contaminantes como os hidrocarburos, microplásticos e outras partículas. Por tanto trátase dun sistema descentralizado que evita a contaminación das masas de auga próximas con baixo custo de mantemento e un baixo impacto ambiental xa que non require de enerxía eléctrica nin de adición de reactivos para depurar” afirma Sergio Santorio, xestor dun proxecto que, entre outros obxectivos, busca eliminar aqueles contaminantes que poden ser arrastrados pola auga de choiva: aceites, hidrocarburos ou microplásticos, entre outros. 
 

Esta iniciativa, no marco de Waterun que se desenvolve dentro do programa Horizon Europe, súmase á do polígono da Sionlla, cun sistema de drenaxe urbana sostible e a implementación dun humidal nesa mesma zona. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE