A SGHN e opón á localización da planta de hidróxeno exposta en Guitiriz e Aranga

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) pide que se descarte o proxecto polo consumo de auga da planta ou os seus efectos sobre a contorna, entre outros motivos. 


|

Hidru00f3geno verde
Hidru00f3geno verde

 

O futuro industrial e económico de Galicia parece pasar necesariamente polas enerxías renovables. É un sector que a comunidade pretende explorar nos próximos anos con grandes proxectos de calado, entre eles as plantas de produción de hidróxeno verde, expostas en distintos puntos da xeografía galega. Un destes plans interpela aos concellos de Guitiriz e Aranga, onde Eólica de Cordales Bis S.L. proxecta unha planta sobre a que xa mostrou a súa oposición a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN).

 

En resposta á "solicitude de informe sobre autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental común do proxecto de planta de produción de hidróxeno renovable", a SGHN considera "moi inadecuada" a localización escollida, xa que se situaría en "parcelas rústicas agrarias" e en "as cabeceiras de afluentes dos ríos Mandelo e Parca, a uns 700 metros do encoro de San Xoán", unha infraestrutura da que se nutr Guitiriz. 

 

"Resulta incomprensible e inaceptable que o proxecto non avalíe o impacto do consumo de auga (na actualidade e nun escenario de cambio climático) sobre o abastecemento humano e a biodiversidade (flora e fauna) nas cabeceiras dos afluentes do Mandeo e o Parga", reprende a organización, que fai mención a outras circunstancias ocmo o tráfico diario de camións por vías urbanas ou a captación anual de auga, que suporía un consumo de 158.000 litros diarios "para producir 2.300 toneladas de hidróxeno, empregando 20 litros de auga por quilogramo de hidróxeno, dos cales dez se consomen no electrolizador", mentres que a outra metade de rexeitan e vértense de novo. 
 

Doutra banda, o organismo considera que a enerxía eléctrica da que se abastecerá é "insuficiente". Así, consideran "inaceptable" que o proxecto "non avalíe os riscos de tránsito diario de camións cargados con hidróxeno" polos núcleos habitados, polo que esixen que se "descarte" o proxecto nas condicións previstas. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE