Arrinca a campaña solidaria de recollida de alimentos en Mercadona

Os 62 establecementos da compañía en Galicia colaboran nesta iniciativa para a Federación Española de Bancos de Alimentos.

 


|

240402 Recogida Primavera Cartel Puerta 70x100cm GAL ES
Foto: Mercadona

 

Como cada primavera, a Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) abandera unha campaña de recollida de alimentos á que se sumou Mercadona co firme propósito de animar aos seus clientes a participar nesta iniciativa solidaria que arrinca este 24 de maio e que estará aberta até o 2 de xuño. 

 

Só en Galicia os 62 supermercados de Mercadona tratarán de achegar o seu granito de area á causa coas achegas que poderán realizar os "xefes", que é como se refiren na cadea aos seus clientes, cada vez que pasen por caixa. Desta forma, os Bancos de Alimentos poderán investir ese diñeiro en todos os produtos que consideren ao longo do ano.  

 

Fotonoticia 20221227125449 1200
Foto: Mercadona

 

Deste xeito, a doazón en caixa permite cubrir de forma máis eficiente as necesidades reais dos usuarios finais”, subliña Laura Cruz, directora de Acción Social da cadea de supermercados, que xa con anterioridade participou en distintas accións solidarias. 

 

Só en 2023 colaborou con 762 entidades sociais, entregando máis de 23.0000 toneladas de produtos, uns 380.000 carros da compra. Só en Galicia foron preto de 1.500 toneladas en todo o ano, mentres que na pasada 'Gran Recollida' os donativos superaron os 2,6 milllones de euros no conxunto da compañía. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE