Un vigués gana o campionato mundial de hackers en Arxentina
España deixou no segundo posto a Israel; no terceiro, a Francia, e no cuarto a Nepal.
Bernardo Viqueira, informático vigués de 36 anos, foi gañado o Mundial de hackers no evento que tivo lugar este pasado venres en Arxentina.
A selección espola, representada por Viqueira , interpúxose ao combinado de Israel na final do campionato Hackerone Ambassador World Cup 2023, segundo informa o diario La Voz de Galicia. Esta competición está organizada por unha empresa multinacional de ciberseguridad.
A victorai deuse a coñecer na madrugada de onte, ás 22:00 hora de Arxentina, na gala celebrada na cidade de Buenos Aires. Un total de 10 membros da selección desprazáronse á localidade rioplatense, mintas que outros 10 participantes disputaron o campionato en remoto desde as súas casas en España.
Os participantes son prestixiosos hackers éticos que informan de vulnerabilidades que teñen webs e aplicacións de importantes multinacionais como é o caso da suite de aplicacións Adobe ou da app de citas Tinder.
Bernardo Viqueira reside en Vilagarcía de Arousa e levantaba onte á noite a copa mundial que cerifica ao equipo español como o que ten os mellores hackers éticos do mundo. O campionato consistía en descubrir vulnerabilidades de apps dos seus patrocinadores e informar delas, a cambio de que a empresa premiaba a todo o equipo, que sumaba puntos para o torneo.
España deixou no segundo posto a Israel ; no terceiro, a Francia , e no cuarto a Nepal .
Escribe o teu comentario