MIVA Coatings di que creará até 60 empregos nas Somozas cunha nova fábrica
A iniciativa enmárcase no plan de Siemens Gamesa de mitigar na medida do posible as consecuencias do peche da planta de Somozas.
O proxecto arrincará con 25 traballadores e espérase que o persoal chegue a 60.

MIVA Coatings, empresa española que traballa na fabricación de recubrimientos en po, anuncia que porá en marcha en Somozas unha nova planta para a fabricación deste produto. O proxecto identificado por LHH no marco do Plan de Reindustrialización implantarase no polígono industrial desta localidade coruñesa.
A compañía presidida por José Antonio Mira Recarey e con sede na Coruña, cya uenta cunha planta de produción en Valencia e unha delegación en Madrid, aínda que. Tras finalizar as obras de acondicionamento, que comezasen nas próximas semanas e estímase que duren até finais de 2024, a nova fábrica contará con instalacións completamente climatizadas nas que a compañía instalará un moderno laboratorio de I+D+I para o desenvolvemento de novas tecnoloxías.
EMPREGO
Nunha fase inicial, o proxecto arrincará, di a corporación,con aproximadamente 25 traballadores, aínda que, espérase que a pleno rendemento a cifra ascenda até os 60 traballadores. A nova fábrica estará dedicada ao desenvolvemento e fabricación de produtos específicos enfocados cara ás necesidades dos seus clientes priorizando a xeración de novos produtos de alto contido tecnolóxico
Escribe o teu comentario