Trioworld: a empresa que fabrica films de ensilado de cores para recadar fondos para a investigación contra o cancro

Creou tres cores de plástico de ensilado: rosa para o cancro de mama, azul para o cancro de próstata e amarelo para o cancro infantil


|

Plasticos ensilado colores
Plásticos de ensilado de cores de Trioworld / Foto: DELAGRO

Trioworld, líder mundial na fabricación de plásticos de ensilado conta desde fai xa case unha década cunha gama de plásticos de cores. Parte da ganancia das vendas destes plásticos están destinadas á investigación contra o cancro. A compañía DELAGRO, distribuidora exclusiva de Trioworld, recadou para esta causa máis de 1 millóns de euros en todo o mundo.

 

Segundo informaron desde DELAGRO, o cancro é unha das principais causas de morte en España. Aseguran que as reivindicacións que xeraron unha importante mobilización nos últimos anos foron "o mellor acompañamento dos pacientes e as súas familias".

 

CANCRO DE MAMA, DE PRÓSTATA E INFANTIL

Fran Cerón, responsable comercial de España de Trioworld, explica que "a idea xurdiu en Nova Zelandia no ano 2014 e fíxose realidade grazas a unha estreita cooperación entre Trioworld e os seus socios locais no país. A campaña, que deu comezo co filme rosa, para concienciar e recadar fondos para o cancro de mama foi un gran éxito e por iso decidimos lanzar o plástico de ensiladio azul en 2015, neste caso dirixido ao cancro de próstata". Finalmente, a empresa saca o filme de cor amarela para apoiar así ás entidades que loitar contra o cancro infantil.

 

Cerón engade que, pola compra dunha bobina Tenospin Plus Charity Edition, a empresa garante unha doazón de 3 euros na loita contra o cancro.

 

DELAGRO, distruidor de Trioworld no norte de España, decidiu sumar a esta inciativa no ano 2016. José Manuel Díaz, director comercial da cooperativa de segundo grao, explica que a empresa quixo colaborar, incluíndo no seu catálogo produtos da gama Tenospin Plus Charity Edition. Para así animar "a todos os gandeiros a adquirir os plásticos de ensilado de cores, e auqe facéndoo non só obteñen un produto de máxima calidade, senón que axudan a distintas asociacións españolas a seguir apoiando a investigación contra o cancro e acompañando ás familias afectadas por esta enfermidade".

 

"Os plásticos de ensilado de cores teñen a mesma función e calidade que os Tenospin plus 1900m", explica Díaz. "Simplemente incorporan unha tinguidura que en ningún caso afecto ao rendemento do produto. Ademais, son aptos para todas as máquinas e para todos os tipos de placas", conclúe.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE