“Que máis teñen que facer en Stellantis Vigo para cobrar como as demais?”, pregúntase a CUT sobre unha das plantas máis rendibles

Rendible xa cuado era PSA Vigo, a facrotía olívica non deixa de dar beneficios ao Grupo Stellantis.


|

A Central Unitaria de Traballadores (CUT) incide, sustentada sobre os datos de 2021, en que o traballo dos obreiros da planta de Vigo non se ve remunerado de igual maneira que noutras plantas da firma menos produtivas.

 

Ao tempo, mentres a viguesa non ten proxectos encima da mesa como si reciben outras factorías, o salario do CEO de Stellantis, Carlos Tavares, ascende por encima dos 23 millóns de euros, máis bonus. 

 

Stellantis vigo producciu00f3n coches
Stellantis vigo producciu00f3n coches

 

As últimas contas presentadas por Stellantis  falan dunhas cantidades millonarias nunha marxe de beneficios que non deixa de crecer a pesar da crise dos semiconductores que arrastrou ao sector a episodios de parálises da actividade que se prolongaron moito máis do esperado. O contexto a pesar de todo é o dun negocio á alza e que xera pingües réditos aos empresarios e accionistas -16.800 millóns de beneficios-, o que debería traer consigo unha substancial carga de traballo para manter a maquinaria en marcha. 
 

 

No entanto, en Vigo non han visto que o engorde da caixa traia máis actividade á planta, e no persoal comezan a preguntar que máis teñen que facer para ser tidos en consideración. De feito, a c lembra que a de Balaídos é unha das factorías máis rendibles do grupo. 

 

Desde o sindicato denuncian que, a pesar de que os datos da firma demostran que é unha das máis rendibles do grupo, o CEO de Stellantis, Carlos Tavares, esixe “máis axustes” para “poder optar a novos proxectos”. Novos proxectos dos que si se están beneficiando noutros puntos do país, a pesar de que as fábricas desas zonas non teñen unha produción tan relevante como a viguesa. 


Segundo as estatísticas poderiamos afirmar que a fábrica de Vigo é a máis rendible, non só do anterior grupo PSA, se non do actual grupo Stellantis, e un ano máis volveu ser a máis produtiva das máis de 40 plantas repartidas por todo o mundo, así como tamén a máis produtiva de todos os fabricantes instalados no Estado”, incide a CUT, apoiada en datos de 2021 que evidencian que están por diante de plantas como a de SEAT de Martorell, a Mercedes de Vitoria ou as Renault de Palencia ou Valladolid. de igual maneira, está moi por encima das outras plantas de Stellantis no país. 

 

Salario Stellantis
Gráfico: CUT


TRABALLO NON ACORDE Ao SALARIO

Así as cousas, interpretan os silencios como “mensaxes alarmistas” ante a falta de adxudicacións de proxectos, todo seguindo un carreiro que conduce a seguir “obtendo axudas das distintas administracións” e acceder ao segundo PERTE do vehículo eléctrico. 

 

 

“A CUT esixe, unha vez máis, que as axudas non só vaian acompañadas da garantía de novos proxectos, senón que tamén repercutan na mellora das condicións laborais e poñan freo á imparable precarización das condicións que está a acometer a dirección da planta de Vigo”, reprenden, facendo especial énfase na deterioración do custo por hora traballada en Vigo, en 2021 en 18,79 euros cando seis anos antes estaba por encima dos 21 euros. A continuación, pon de exemplo o salario medio do persoal, “moi por baixo da media do sector”.

 

Mentres o salario dun operario de novo ingreso de Mercedes atópase por encima dos 22.000 euros anuais, os de Vigo quedan nuns 16.772 euros, máis de mil euros por baixo dos operarios de marcas de Renault ou Opel, con soldos superiores aos 1.780 euros. “O salario de entrada de Stellantis Vigo está por baixo do salario provincial do metal de Pontevedra”, lamenta o organismo sindical, facendo referencia ao convenio de referencia tras a reforma laboral. 

 

Salario Stellantis
Gráfico: CUT

 

A CONTA BANCARIA DE TAVARES

“As táboas laborais só subiron un 50% do IPC interanual sen cláusula de revisión nin paga de atrasos”, subliñan sobre o convenio de 2020-23, mentres o custo da vida increméntase e as administracións públicas non piden contas á empresa, polo que CUT demanda “contrapartidas ás axudas públicas”, así como “emprego de calidade e salarios dignos”, en lugar de practicar a “redución de custos, que sempre salguen do mesmo colectivo, o colectivo obreiro”. En paralelo, censuran que Tavares conte cunha asignación anual de 23 millóns de euros (máis bonus). O total dos seus ingresos en 2021, segundo as contas de CUT logo de consultar as cifras publicadas nos medios, podería roldar os 66 millóns. 

 

“No momento actual, estando aberto o debate sobre a sustentabilidade das pensións e os incrementos de cotizacións á Seguridade Social, cabería resaltar como unha persoa traballadora cada ano percibe menos ingresos que o anterior, e como isto afecto a estas cotizacións”, resolven. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE