A Xunta avalía as oportunidades de negocio que o tecido empresarial galego ten en Dinamarca

As exportacións de Galicia a Dinamarca alcanzaron o ano pasado os 124,6 millóns de euros


|

Nota E Foto: A Xunta Avalía As Oportunidades De Negocio Que O Tecido Empresarial Galego Ten En Dinamarca
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co embaixador de Dinamarca en España, Michael Braad, co que avaliou as oportunidades de negocio que o tecido empresarial galego teñen no país.

 

As exportacións de Galicia a Dinamarca o pasado ano alcanzaron os 124,6 millóns de euros coa particularidade de que aumentou o número de empresas galegas que comercializan os seus produtos no mercado danés. Concretamente, foron 230 en 2022, das que 112 xa o fan de forma regular.

 

Tal e como trasladou o propio Conde, Galicia ten interese en abrir vías de colaboración en sectores que son estratéxicos para as dúas economías.

 

Sinalaron ademais que Dinamarca foi o primeiro país do mundo en instalar parques eólicos mariños, o Vindeby Offshore Farm, en 1991 . Tamén é un dos principais mercados de probas para o sector TIC e acolle un dos clústers máis recoñecidos na contorna do sector biotecnológico e da saúde, Medicon Valley.


A Xunta busca explorar sinerxías entre o tecido industrial galego e o danés en ámbitos como as enerxías renovables, o sector biotecnológico, o TIC ou a industria agroalimentaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE