A galega Hiperxel, ao bordo do concurso de acredores, deixa a 320 traballadores ás portas do paro

Uns 320 traballadores galegos atópanse nestes momentos "pendentes dun fío" ante a posible entrada da cadea galega especialista en alimentos conxelados Hiperxel en concurso de acredores.


|

A firma conta con 320 empregados na comunidade, que se atopan pendentes de todas as informacións que chegan ao redor da situación da firma de alimentos conxelados.

 

Sen solucións no horizonte, os sindicatos subliñan que, até este momento, "seguen negociando": "Iberconsa segue sen dar resposta de si vainos a dar produtos cos que poder afrontar a campaña de Nadal".

 

Hiperxel galicia
Foto: CC.OO.

 

Uns 320 traballadores galegos atópanse nestes momentos "pendentes dun fío" ante a posible entrada da cadea galega especialista en alimentos conxelados Hiperxel en concurso de acredores.

Así o sinalaron fontes sindicais consultadas por Europa Press, quen explicaron que a compañía continúa negociando, a pesar de que de momento "non ten ningunha solución".

"A empresa segue negociando e aínda non entrou en concurso de acredores", destacaron, engadindo que os preto de 320 traballadores cos que a compañía conta nas súas 100 tendas repartidas por toda Galicia levan dous meses sen cobrar. A última nómina que recibiron foi a de agosto.

"Os empregados están desesperados, pendentes dun fío, non cobraron os últimos dous meses e os soldos xa de seu son moi xustos. A xente está a pasalo moi mal", sinalaron as mesmas fontes.

 

CAMPAÑA DE NADAL

Co Nadal ao virar a esquina, unha das épocas do ano claves para a empresa, desde o comité de empresa aseguraron descoñecer si a compañía poderá afrontar a campaña do Nadal deste ano.

"O noso principal provedor, Iberconsa, o antigo dono de Hiperxel, segue sen dar resposta de si vainos a dar produtos cos que poder afrontar a campaña de Nadal. Se non solucionamos este problema, a empresa morre", alertaron.

Precisamente este pasado domingo, traballadores afectados en Galicia reuníronse en dúas asembleas informativas que tiveron lugar en Tui (Pontevedra) e na Coruña para coñecer a situación da empresa e tratar os seguintes pasos a seguir.

As fontes consultadas por Europa Press informaron que, de momento, os traballadores non levarán a cabo unha folga. "Levamos dous meses sen cobrar, non gañaremos nada convocando paros", sentenciaron.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE