Gadisa Retail segue crecendo e creando emprego coa apertura dun novo Gadis e un Claudio Express

A compañía segue ampliando a súa oferta e chegando a cada vez máis lugar. As novas aperturas supoñen a creación de máis de medio centenar de empregos directos.

 


|

A compañía segue ampliando a súa oferta e chegando a cada vez máis lugar. As novas aperturas supoñen a creación de máis de medio centenar de empregos directos.

 

O novo establecemento de Gadis sitúase na Nacional VI, en Oleiros, mentres que o Claudio Express abre en Valladolid, o primeiro deste tipo na capital de Castela e León.

 

Gadis Oleiros
Gadis Oleiros | Foto: Gadis

Aos poucos e paso a paso, pero a expansión de Gadisa Retail, asina 100% galega e líder de distribución en Galicia, suma xa 226 supermercados Gadis, unha ducia de Cash Ifa e 227 establecementos entre os Caludio e os Claudio Express. Os seus establecementos atópanse xa en catro comunidades e cada vez son máis as opcións que ofrece a cadea de supermercados.

 

NOVO LOCAL EN OLEIROS

Recentemente veñen de inaugurar dúas novas superficies. Baixo o selo de Gadis, acaba de abrir un novo local, con máis de 2.400 m2 de superficie total na Nacional VI, ao seu paso por Iñás, no municipio coruñés de Oleiros. Só neste establecemento, son 50 os postos de traballo directos que se crean grazas á iniciativa de Gadisa que fomenta “o emprego estable e de calidade”.


Ademais de por a súa peculiar fachada acristalada, a compañía destaca deste novo local “a comodidade e eficiencia das instalacións e a facilidade de acceso, a través da rotonda que deriva directamente no aparcadoiro con 148 prazas de aparcadoiro gratuíto” así como o seu amplo horario de luns a sábado. 

 

Estas son “algunhas das vantaxes do novo establecemento, que dará servizo aos clientes en tránsito, aos traballadores dos polígonos empresariais e aos veciños que residen nas urbanizacións e núcleos de poboación das inmediacións”, nunha instalación na que se priorizou “a sustentabilidade ambiental” e o “aproveitamento da luz natural” como medidas de eficiencia enerxética, entre outras que buscan reducir o impacto sobre o medio.

 

CLAUDIO EXPRESS EN VALLADOLID

Pola súa banda, o novo Claudio Express de Valladolid, no barrio de Parquesol, atópase nunha estación de servizo Shell. “A súa posta en marcha xera 7 empregos directos”, celebra a compañía, que resalta o horario de apertura 6 a 24 horas nun complexo que “aglutina, ademais, os servizos de gasolineira, cafetería, ponte e boxes de lavado”. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE