O BNG reclama ao Goberno frear a OPA de BBVA sobre o Sabadell ao considerar que destruirá emprego

A formación nacionalista argumenta que se trata de "a maior concentración bancaria" e defende que se vete para manter os postos de traballo


|

El diputado de BNG Néstor Rego interviene durante un pleno en el Congreso de los Diputados, a 27 de mayo de 2025, en Madrid (España). El Pleno del Congreso debate hoy la proposición no de ley impulsada por el PSOE en la que se insta al Gobierno a regular
 

O BNG dixo este xoves que se opón á Oferta Pública de Adquisición (#OPA) hostil que o BBVA lanzou ao Sabadell, unha operación que o Ministerio de Economía elevou ao Consello de Ministros para que decida si pon novas condicións. O partido galego quere que o Executivo directamente desautorice a transacción.

A formación nacionalista argumenta que se trata de "a maior concentración bancaria" e defende que se vete para manter os postos de traballo. "Implicará unha nova destrución de emprego no sector financeiro e da banca que, aínda moi recentemente, acaba de soportar unha dura reconversión" sinala o deputado do BNG, Néstor Rego.

O BNG considera que a materialización da OPA só serviría para facilitar a destrución de emprego, empeorar as condicións laborais dos persoais do sector da banca, así como reducir a oferta e os servizos bancarios prestados no conxunto do Estado, especialmente en Galicia, pois permitirá o incremento dun maior grao de concentración bancaria.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE