Axudas ao taxi galego desde o 5 de xuño para pagar pólizas de seguro e contratar persoal

Sector e Xunta avogan por estar vixiantes e aumentar inspeccións sobre as empresas de VTC para cumpran as súas condicións.


|

El conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, con la delegada territorial de la Xunta, Ana Ortiz, la directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, y representanes de Unión de Taxis Galego.
Foto: EP

 

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este martes un encontro con representantes de Unión de Taxis Galegos (Utaga), a quen informou sobre a convocatoria de axudas para pagar pólizas de seguros e para contratar a segundos condutores, unhas subvencións que poden solicitar desde o 5 de xuño e até o 30 de setembro.
 


Segundo lembrou o conselleiro, a orde (publicada este martes no Diario Oficial de Galicia) conta cunha dotación dun millón de euros e está destinada a persoas titulares de licenza de taxi, que poderán recibir 240 euros para o pago de seguros e 2.000 euros para contratar a un/a segundo/a condutor/á xornada completa e con dedicación exclusiva.

Diego Calvo destacou que, para a posta en marcha desta liña de axudas, a administración autonómica ha mantido un diálogo directo co sector, para coñecer a súa situación e as súas necesidades. "Galicia volve ser pioneira no resto do Estado, e hoxe presentamos unha liña de axudas que vai dirixida a dar un soporte a todos os taxistas", afirmou, antes de lembrar que, nos últimos anos, o sector queixouse do incremento do prezo dos seguros, un sector que para a Xunta "é moi importante".

O presidente de Utaga, Emilio Mosquera, agradeceu a iniciativa da Xunta e resaltou que a liña de axudas permitirá non só afrontar os pagos de seguros senón tamén "crear emprego". "Para nós é importante que haxa substitución e que haxa máis compañeiros para poder cubrir mellor a demanda de taxistas neste momento", explicou, e sinalou que o taxi está a vivir en Galicia "un bo momento" polo auxe do turismo e do Camiño de Santiago, e polo incremento das actividades de lecer.

 

 

AUMENTAR A VIXILANCIA SOBRE Os VTC

Con respecto á actividade dos chamados VTC (vehículos de transporte con condutor), Emilio Mosquera valorou que as administracións, tanto a Xunta como, no caso de Vigo, o Concello, trasladaron o seu apoio ao colectivo do taxi, pero recoñeceu que "hai que estar vixiantes porque determinadas empresas non esperan a que as administracións lles dean autorización".
 

 

Pola súa banda, Diego Calvo sinalou que a normativa actual en Galicia permite autorizar VTC, "a condición de que os desprazamentos sexan interurbanos, dun concello a outro" e subliñou que a administración autonómica está a facer inspeccións para supervisar esa actividade.

Así, lembrou que hai varias semanas "detectáronse servizos en Santiago que facían traxectos dentro da cidade, contratados pola administración local, neste caso polo Concello, e iso é motivo de denuncia".

O conselleiro apelou á colaboración do sector e á dos concellos, para saber onde inspeccionar e aumentar o control, para establecer as correspondentes sancións. Igualmente, fixo un chamamento ás empresas de VTC "para lembrarlles cales son as condicións da súa licenza".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE