Bonos Corazón de Santiago 2025: máis diñeiro e unha edición na primavera

Os bonos que permiten comprar con descontos no comercio local poderanse solicitar a principios de maio, cando se lanzará a primeira convocatoria, e no outono, cando se lanzará a segunda. Cada unha disporá dun orzamento de 300.000 euros.


|

Archivo - Los Bonos Corazón del Ayuntamiento de Santiago estarán disponibles desde el 8 de noviembre
Logotipo dos bonos corazón


 


O Concello de Santiago de Compostela anunciou este luns a nova edición dos Bonos Corazón, axudas para incentivar o comercio local, que este ano serán ofertados en dúas ocasións: o próximo mes de maio e en outubro.

Segundo trasladou o goberno local nunha nota de prensa, o orzamento co que conta esta iniciativa este ano é de 600.000 euros, fronte aos 450.000 do 2024, cando se repartiron 22.500 bonos.

Foi a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, quen explicou que o obxectivo que se persegue con lestes bonos é "dinamizar o comercio nas dúas épocas do ano nas que adoitan baixar as vendas".

Así mesmo, outra das finalidades destas axudas é "dinamizar os negocios locais e dar a coñecer, diante de nova clientela, a calidade do tecido comercial de proximidade fronte ao auxe das compras online e das grandes superficies".

 

O concello aínda non explicou como serán as normas destas edicións. Con todo, as regulacións das pasadas convocatorias permiten estimar como funcionarán.

 

O funcionamento é sinxelo: normalmente cada bono ten un valor de 50 euros, dos cales o Concello achega o 40% (20 euros) e a persoa que o adquire cobre o 60% restante (30 euros). Calquera maior de idade pode participar, sen necesidade de estar empadroado en Santiago, o que amplía o seu alcance a visitantes e estudantes. Cada usuario pode solicitar até tres bonos, o que permite un desconto máximo de 60 euros por persoa nas súas compras.

 

Os bonos descárganse en formato dixital a través da páxina web oficial (www.bonoscorazoncompostela.gal), onde os usuarios se rexistran e reciben un código QR para usar na aplicación Wallet dos seus móbiles. Para quen prefiren evitar a tecnoloxía, poden pedir cita en Raxoi.

 

Unha vez obtidos, os bonos poden gastar nos establecementos adheridos —comercios e locais de hostalaría con sede en Santiago e menos de 500 metros cadrados de superficie— até esgotar o seu saldo.



CUARTA EDICIÓN DO 'PREMIO EXERIA'
Doutra banda, a xunta de goberno local aprobou as bases da cuarta edición do 'Premio Exeria', un certame que pretende incentivar a creatividade e produción literaria escrita en lingua galega.

O concurso está impulsado pola Concellaría de Acción Cultural de Compostela e a entidade 'Residencia Literaria 1863', que é xestionada pola autora Yolanda Castiñeiro. Este ofrecerá á persoa gañadora, ademais de 3.000 euros, unha estancia durante todo o mes de agosto nunha vila de Montegiovi, unha contorna rural da Toscana (Italia), para "poder traballar na súa obra".

Poderán presentar ao concurso autores de escritura creativa de calquera xénero literario que residan na capital galega e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE