Interceptado no Atlántico un narcosubmarino con 6.600 quilos de cocaína
A nave atopábase preto dos Azores e tiña a península ibérica como destino. O somerxíbel é similar aos atopados en Galicia, pero cunha cantidade maior de droga. Abordo ían cinco persoas, polo menos unha de nacionalidade española, que foron detidas.
Unha operación policial con participación de autoridades portuguesas e españolas permitiu interceptar a unhas 500 millas náuticas ao sur das illas Azores un narcosubmarino que transportaba 6,6 toneladas de cocaína cara á península ibérica, segundo a Policía Xudicial lusa.
A operación 'Nautilus' partiu dunha información da Garda Civil española e nela colaboraron tamén as axencias antidroga de Estados Unidos e Reino Unido. A bordo da embarcación, un semisumergible, viaxaban cinco tripulantes, vinculados supostamente a "unha organización criminal transnacional".
En canto ao destino da droga, a Policía portuguesa ha apuntado na súa nota que ía ser distribuída por varios países europeos, á espera de que nas próximas horas poidan facilitar máis detalles desta intervención.
Escribe o teu comentario