Atalaia Mining abandona Chipre por Sevilla en pleno debate sobre a mina de Touro
A multinacional mineira Atalaia Mining, promotora da controvertida reapertura da mina de cobre de Touro, completou o seu cambio de domicilio fiscal de Chipre a España. A decisión podería buscar influír no desenlace dos seus proxectos en Galicia.
A compañía mineira Atalaia Mining, coñecida a nivel internacional por operar o complexo mineiro de Río Tinto en Huelva, trasladou oficialmente a súa sede de Chipre a Sevilla. Segundo un comunicado emitido pola empresa, o cambio fíxose efectivo o 27 de decembro de 2024, tras a inscrición no Rexistro Mercantil de España. Desde o 10 de xaneiro de 2025, as accións da compañía comercializaranse baixo a súa nova denominación, Atalaia Mining Copper, S.A., sen afectar aos accionistas actuais.
Este movemento coincide cos plans de Atalaia de reabrir a mina de cobre de Touro, en Galicia, a través do seu filial Cobre San Rafael, da que posúe o 80% dos dereitos futuros O proxecto, que suscitou unha intensa polémica entre defensores e detractores, está a ser revisado actualmente pola Xunta de Galicia para a súa explotación.
Chipre non se considera un paraíso fiscal no sentido estrito da definición, pero ten certas características que o fan atractivo para algunhas empresas. Por exemplo, Chipre ten unha das taxas de imposto corporativo máis baixas da Unión Europea, do 12,5%. En contraste, a base xeral para este imposto de sociedades en España é do 25%.
Por que se muda de Chipre a España Atalaia se ten que pagar máis impostos?
Hai varios factores. Un deles é que está en proceso de que a Xunta lle permita reabrir a mina de cobre de Touro a través do filial Cobre San Rafael. Obviamente, a unha Administración transmítelle máis confianza que o operador da explotación estea domiciliado no propio estado. Ademais, o gran motor de Atalaia é a mina de Río Tinto, en Huelva, Andalucía.
Ademais, a nova localización reforza a conexión co seu principal activo, o proxecto Riotinto, unha das maiores minas de cobre de Europa. A mudanza a Sevilla facilita a supervisión operativa e administrativa das súas actividades en Huelva, Andalucía.
Touro, un proxecto no centro da polémica
A posible reapertura da mina de Touro xerou un intenso debate en Galicia. Mentres Atalaia Mining e a súa filial, que opera xunto aos socios logales de Explotacións Galegas, defenden o proxecto como unha fonte de emprego e desenvolvemento económico, grupos ecoloxistas e veciños expresaron a súa preocupación polos posibles impactos medioambientais.
A mina, que permaneceu pechada durante décadas, está nunha zona sensible desde o punto de vista ambiental, o que levou a numerosas mobilizacións e litixios.
Neste contexto, o cambio de domicilio a España pode ser percibido como un movemento estratéxico para achandar o camiño nas negociacións coa Xunta e outros organismos reguladores. En todo caso, é evidente o traslado non cambia os riscos inherentes á operación mineira.
A empresa tamén comunicou que os accionistas poderán seguir operando os seus títulos con normalidade tras a transición, que inclúe a emisión de certificados depositarios en euros para os investidores. Segundo Atalaia Mining, este proceso non afectará o valor nominal das accións nin á súa cotización na Bolsa de Londres.
O desenlace do proxecto de Touro, que a Xunta tombou nunha primerea ocasion hai anos, e a consolidación de Atalaia como empresa española marcarán os próximos meses para a multinacional. Mentres tanto, o debate segue vivo entre quen ven na minería unha oportunidade de desenvolvemento económico e aqueles que advirten sobre os seus riscos para o medioambiente e a saúde pública.
Quen son os accionistas de Atalaia Mining?
Chipriota ou española, o certo é que Atalaia seguirá sendo unha multinacional. É dicir, a maioría do seu capital está e estará controlado por grandes investidores internacionais de diversa procedencia. Estes son algunosde os máis importantes actualmente:
Os principais accionistas de Atalaia Mining son:
- Farringford NV (anteriormente coñecida como Urion Holdings, parte de Trafigura): 21.90% das accións. É unha empresa multinacional dedicada ao comercio de materias primas con sede en Singapura. , Trafigura especialízase no comercio de petróleo, metais, minerais e outros produtos básicos a nivel global.
- Cobas Asset Management SGIIC SA: Co 15% dos títulos, aproximadamente. É unha xestora de fondos de investimento español fundada por Francisco García Paramés, un recoñecido xestor value europeo. A empresa foi autorizada pola CNMV (Comisión Nacional do Mercado de Valores) en 2017 e ten a súa sede en Madrid.
- Ithaki SAS: 6% das accións.
- Hamblin Watsa Investment Counsel Ltd. (Fairfax): 5.863% das accións unha firma de xestión de investimentos con sede en Canadá. É unha subsidiaria de propiedade total de Fairfax Financial Holdings Limited e proporciona servizos de xestión de investimentos globais exclusivamente ás subsidiarias de seguros e reaseguros de Fairfax. Fairfax Financial Holdings Limited é unha empresa canadense de servizos financeiros con sede en Toronto, Ontario. Fundada en 1985 por Prem Watsa, quen actualmente é o seu presidente e director executivo, Fairfax converteuse nun importante holding financeiro a nivel global.
- Muza Gestion de Activos SGIIC SA: 3% das accións, é unha sociedade xestora de institucións de investimento colectivo española,
Escribe o teu comentario