CIG cualifica de "leve" a baixada do paro pola campaña do Nadal fronte á valoración positiva de UGT e CCOO

Doutra banda, Galicia pechou o ano 2024 con 763 traballadores autónomos menos até os 203.763 filiados, segundo os datos facilitados por Agtamar-UPTA.
 


|

Economu00eda
Economu00eda


 

Os sindicatos #UXT e Comisións Obreiras valoraron a baixada do paro en Galicia, que a central nacionalista CIG considera "leve" e atribúea a empregos de carácter "estacional" pola campaña do Nadal.

En comunicados remitidos aos medios tras coñecer o dato do paro publicado este venres polo Ministerio de Traballo, tanto #UXT como Comisións saudaron as cifras de decembro coas que Galicia pechou o ano con 118.838 persoas anotadas nas oficinas dos servizos públicos de empleou, 10.666 menos que hai un ano (-8,25%) e 2.904 menos na comparativa internaual (-2,39%).

Para UXT, os datos reflicten unha "evolución positiva" que ven "en consonancia" co comportamento que adoita ter o mercado laboral en época do Nadal, mentres que a cifra de afiliados, con 17.290 máis, é "un signo inequívoco" de que a dinámica "moi favorable" que presenta Galcia "tanto en cantidade como en calidade".

#UXT subliñou que a reforma laboral da que se cumpriron en decembro tres anos desde a súa entrada en vigor trouxo un "avance en materia de calidade e estabilidade" do emprego que "é notable e sostido no tempo", como, ao seu entender, reflicte a taxa de temporalidade da afiliación (14,72%) e o incremento no número de contratos indefinidos.

Así, valoran que se rexistren "menos" contratos que antes da reforma laboral de 2021 pero que sexan "máis estables e de maior calidade, reducindo os contratos temporais e permitindo que a figura do contrato indefinido sexa máis representativa".

Pola súa banda, CC.OO. saúda os datos coñecidos este venres pero apela que "non sexan flor dun día" para que se "consolide" a creación de emprego "de calidade" a través dunha apueta "polo incremento do peso" do emprego e a industria e as actividades "de maior valor engadido".

Desta forma, diríxese á Xunta e, en concreto, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para que "utilicen" as súas competencias de face a converter estas "melloras" en "estruturais" e avanzar cara a "a redución" das desiguladades no mercado laboral galega.

#CIG VE UN COMPORTAMENTO "ESTACIONAL"
Por contra, a CIG difire desta lectura ao considerar que o comportamento do mercado laboral "non se traduce na creación de emprego estable e de calidade que permita unha vida digna para a clase traballadora".

Neste sentido, consideran que o "leve" descenso do paro en decembro prodúcese mentres tamén baixa o número de afiliados e "o colectivo de temporais a tempo parcial non deixa de incermentarse".

Así, atribúen a caída do paro ao comportamento do sector servizos "que concentra precisamente as actividades económicas coas condicións laborais máis precarias", o que a para central nacionalista resume "a tónica habitual do mercado laboral galego durante todo o ano, con incrementos e descensos do emprego" en función das "necesidades estacionais" do sector vinculado á actividade comercial e o turismo.

AUTÓNOMOS
Doutra banda, Galicia pechou o ano 2024 con 763 traballadores autónomos menos até os 203.763 filiados, segundo os datos facilitados por Agtamar-UPTA.

Por sectores, a comunidade perdeu 136 en comercio até os 44.401, 106 na construción (26.803) e 39 menos na hostalaría (20.740). 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE