Oportunidades de emprego para universitarios en empresas emerxentes galegas
Pór en contacto a estudantes destacados con empresas que están a avanzar rapidamente é o obxectivo dun novo programa da Xunta de Galicia
A Xunta creou unha iniciativa piloto, da man da plataforma 'U4impact', que conecta ás empresas emerxentes galegas cos universitarios de último ano dos distintos centros da comunidade para promover a súa inserción laboral.
Tal e como trasladou o Goberno galego en nota de prensa, o proxecto enmárcase na 'Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego' e recibiu máis de 3.000 solicitudes. Ademais, ten como obxectivo "incrementar a empleabilidad dos universitarios adquirindo experiencia real en contornas innovadoras".
Na actualidade, unha decena de estudantes atópanse xa traballando, a través da iniciativa, en nove compañías de diferentes sectores.
Doutra banda, a Xunta recalcou que este plan xera outro tipo de resultados como o "crecemento e a visibilidade das empresas emerxentes de Galicia no mercado nacional" ou a "dinamización da economía local".
Escribe o teu comentario