Cada galego gasta de media 82,51 euros na Lotaría de Nadal, cos lucenses de novo á cabeza

Isto implica, segundo datos de Lotarías e Apostas do Estado, que houbo un aumento da facturación na Comunidade galega dun 6,82% con respecto ao ano pasado.
 


|

Adam Lucas Kadmiri (i) y Sergio Abaga (d), cantan un quinto premio, el número 37.876 durante la celebración del Sorteo Extraordinario de la Lotería de Navidad 2024, en el Teatro Real, a 22 de diciembre de 2024, en Madrid (España). El Estado reparte hoy un
 

O Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal, que se celebra este domingo 22 de decembro, facturou en Galicia un total de 222.449.860, o que supón un gasto por galego de 82,51 euros. É maior que a media española, situada nos 73 euros.

Isto implica, segundo datos de Lotarías e Apostas do Estado, que houbo un aumento da facturación na Comunidade galega dun 6,82% con respecto ao ano pasado.

De novo, os lucenses son os que máis diñeiro se deixan en en este Sorteo Extraordinario con diferenza. Na provincia de Lugo, cada veciño gasta de media 102,97 euros, tras un aumento do 5,9% este ano.

Os segundos que máis invisten son os habitantes da Coruña, con 87,16 euros de media e un aumento do 6,25%. Con todo, a de Pontevedra acumula o maior aumento con respecto ao último ano, un 8,33% máis, cun gasto medio de 76,62 euros por persoa.

Finalmente, os ourensáns son os que menos gastan en Lotaría de Nadal, con 61,81 euros de media cada un, un 5,75% máis que en 2023.

No conxunto de España, a facturación do Sorteo Extraordinario de Nadal alcanzou unha facturación total de 3.505.510.380 euros, un incremento do 5,63%. Cada español inviste, de media, 73 euros.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE