Falece o empresario Roberto Tojeiro Peleteiro, presidente de Intasa e conselleiro de Gadisa

 O empresario Roberto Tojeiro Peleteiro, coñecido como Perico Tojeiro, faleceu este luns na Coruña, onde residía desde facía anos. Natural das Pontes e formado como enxeñeiro industrial, foi un destacado líder do sector empresarial galego, presidindo o grupo madeireiro Intasa (Industrias do Taboleiro S.A.) e participando activamente no Grupo Gadisa como accionista e conselleiro.

 


|

Planta de Intasa
Planta de Intasa

O empresario Roberto Tojeiro Peleteiro, presidente do grupo madeireiro Intasa, faleceu o luns na Coruña, segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press.

Perico Tojeiro tamén compartía lazos empresariais co seu curmán, Roberto Tojeiro Rodríguez, presidente do Grupo Gadisa, unha das maiores cadeas de distribución de Galicia, da que era membro do consello de administración..

 

A traxectoria empresarial de Perico Tojeiro estivo profundamente vinculada ás orixes da súa familia no mundo da madeira. O seu pai, José Tojeiro Díaz, comezou en 1943 unha iniciativa empresarial centrada neste sector, que máis tarde cristalizou en importantes compañías galegas como Intasa, situada en San Sadurniño; Unensa, en Carballo; e Galparquet, nas Pontes. Foi cargo de Reganosa até este verán, vicepresidente de Tojeiro Hermanos e tivo cargos Investimentos Macenda, Bens Inmobles Corporativos Atlánticos, Forestal do Atlántico, Tojeiro Maderas, Forestal Galaica e outras.

 Residente na Coruña desde facía anos, Perico Tojeiro era unha figura moi coñecida e respectada nos círculos empresariais galegos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE