As previsións económicas sitúan a España por encima de Estados Unidos en crecemento
Os índices, publicados pola revista estadounidense Fortune, especializada no ámbito económico, indican que a economía española é hoxe a contraposición ao que está a suceder en Europa: España triplica o crecemento da eurozona. Ocorre o mesmo con Estados Unidos, onde supera, nunha porcentaxe máis baixa que no Vello Continente, o ritmo da economñia nortemaericana, hoxe estancada.
"A economía española vai camiño de expandir a un ritmo tres veces superior ao da eurozona no seu conxunto, e mesmo eclipsar as taxas de crecemento de Estados Unidos no proceso", destacan na publicación.
Aínda que España inviste menos en investigación e desenvolvemento que a media europea (1,44% do PIB fronte ao 2,27%), as súas universidades e centros de investigación están a gañar protagonismo en campos avanzados como a intelixencia artificial, a robótica, a ciberseguridad e as enerxías renovables, catapultando a economía nacional.
Escribe o teu comentario