A rebaixa do imposto de patrimonio faille perder 11 millóns, pero a Xunta deféndea para evitar que a fuga de ricos

O Imposto do Patrimonio tiña unha bonificación en Galicia do 25% e este ano incrementouse ao 50%.  Galicia segue competindo así nunha política de dumping fiscal entre autonomías.  O recadado en Galicia por este concepto é moi pouco, hai anos nos que non chega á os 10 millóns de euros, cando antes a miúdo superaba os 21,5 millóns. Hoxe a directora da Axencia Tributaria Galega defendeu a medida.


|

Sonia Lafont es la responsable de la ATRIGA
Sonia Lafont é a responsable da ATRIGA

 

A Xunta defendeu que a rebaixa do 50% no imposto do patrimonio que se aplica en Galicia desde 2023 permite "evitar a deslocalización" de persoas con fortunas "que non só tributan" por isto, senón que tamén o fan no IRPF ou os impostos ao consumo.

Así o manifestou a directora da Axencia Tributaria Galega, Sonia Lafont, en resposta a unha pregunta formulada pola deputada Patricia Igrexas durante a Comisión de Economía, reunida este venres no Parlamento de Galicia.

Alí, Lafont subliñou que rebaixar a carga fiscal aos grandes patrimonios permite que estes "non se deslocalicen" e abandonen Galicia cara a outros lugares con menores tributos.

Isto, continuou, suporía que "se perdería o 100%" do que pagan polo seu patrimonio, o IRPF ou impostos ao consumo como o IVE.

Nesta liña, sentenciou que "se asegura" que estes patrimonios altos "tributen" na Comunidade galega.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE