Subvencións para que as empresas de Galicia compren equipamento

O Diario Oficial de Galicia publicou este martes a base reguladora e a convocatoria das axudas que buscan impulsar a modernización tecnolóxica e a capacidade competitiva do tecido empresarial galego.


|

La conselleira de Economía y Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, visita las instalaciones de Vertex Bioenergy.
A conselleira de Economía e Promoción do Emprego, María Jesús Lorenzana, nunha planta industrial- Arquivo


Segundo informa a Consellería de Economía e Industria, as axudas, en concorrencia non competitiva, ascenden ao 40% dos custos até un máximo de 300.000 euros e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o 10 de outubro.

O obxectivo é potenciar o mantemento e a creación de emprego, a innovación e o impulso de novos proxectos empresariais a través de apoios que facilitan a adquisición de equipamento para as empresas.

Neste marco, entre as principais novidades destaca o feito de que poidan optar a esta liña empresas de todas as actividades económicas, excepto as excluídas polo regulamento comunitario.

Ademais, para reforzar os investimentos inmediatos sen prexudicar a liquidez e a solvencia das empresas, inclúese un anticipo do cento por cento de axuda, estando tamén prevista a exención de garantías.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE