Case un millón de subvencións da Xunta a sindicatos na repartición de 2024
As axudas públicas repártense en proporción ao número de delegados produto das eleccións sindicais. Os sindicatos xogan un papel crucial, recollido na Constitución Españolala, no diálogo social, colaborando co goberno e os empresarios para negociar convenios colectivos, condicións laborais e políticas de emprego.
Os tres sindicatos maioritarios en Galicia (#CIG, UXT e Comisións Obreiras) repártense 970.000 euros das subvencións ás organizacións sindicais da Xunta ao seu funcionamento ordinario e á posta en marcha de plans de formación para os seus equipos.
O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a resolución da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración das axudas anuais da Administración autonómica ás organizacións sindicais, que conta cunha partida global de 1,099 millóns de euros divididos en dúas liñas.
Máis do 95% do orzamento destas subvencións van parar aos tres sindicatos con maior representación en Galicia. Así, a CIG percibe 371.700 euros, para UXT van 309.000 euros e, finalmente, Comisións, 299.300 euros.
Tras as principais forzas sindicais sitúase en volume de ingresos a través desta liña de apoios a Central Sindical Independente e de Funcionarios (#CSIF), con 51.145 euros; seguida de Unión Sindical Obreira (USO), con 30.515 euros.
Ademais, tamén salguen beneficiarios das axudas Fetico --18.129 euros--, Federación de Sindicatos Independentes de Ensino de Galicia (FSIE) --12.512 euros--, Unión Sindical de Traballadores de Galicia (USTG) --3.137 euros--, Satse --1.532 euros--, ANPE --1.378 euros--, Asociación Cadros Banca --561,77 euros-- e Sindicato Independente e Profesional de Profesores de Relixión Sipprega --459 euros--.

Escribe o teu comentario