As estradas galegas, terreo de ensaio para vehículos autónomos

Os vehículos autónomos farán percorridos de ensaio en traxectos específicos de vías galegas previamente autorizados pola Dirección Xeral de Tráfico. Estas probas buscan testar parámetros que tamén se analizaron en laboratorio

 


|

FRANCISCO Su00c1NCHEZ CTAG
FRANCISCO SANCHEZ CTAG


 

O Centro Automobilístico de Galicia (CTAG) é o organismo elixido para colaborar nas probas de automóbiles autónomos en viarios galegos. Farao en colaboración con Instituto Nacional de Investigación sobre o Automóbil (INSIA) que foi designado como centro de recoñecemento Tecnolóxico para probas de investigación con vehículos de condución automatizada en vías abertas ao tráfico. Así o apunta Francisco Sánchez, director da División de Electrónica e Mobilidade Intelixente no CTAG quen, en resposta a Galicia Press, indica que estas probas contan co aval da Dirección Xeral de Tráfico (DGT). 
 

Espazos de ensaio

 

Sobre o lugar exacto das probas desde o CTAG non se prodigaron en detalles, aínda que os traxectos deberán ser notificados á DGT, así como datas e período en que discorrerán os ensaios. Isto tradúcese nunha contorna controlada que evite calquera tipo incidente co vehículo autónomo na súa fase de prototipo mentres se realizan o diferentes test sobre o mesmo. Isto será así para calquera empresa ou entidade que desexe levar a cabo exercicios como este e verificar así o funcionamento do seu coche.

 

Con todo, INSIA e CTAG realizarán estudos cos seus vehículos tanto en laboratorio como en pistas de circuíto pecho e cuxos obxectivos serán a validación de ítems como: 

 

a) Condución manual

Correcto funcionamento do sistema de freos

Ausencia de problemas no sistema de dirección

 

b) En condución automatizada

Control lonxitudinal

Seguimento de vehículos correcto

Freado automático en situacións críticas de emerxencia

Control lateral

Mantemento correcto no carril

Ensaios de recoñecemento e cumprimento dos sinais de tráfico

Probas de toma de control de modo autónomo a modo manual (volante, acelerador e freos)

Probas de desconexión de emerxencia do modo autónomo e parada do vehículo 

 

O tándem INSIA/CTAG finalizará este traballo coa realización dun informe onde se verterán todas as probas realizadas baixo as ordenanzas da instrución da DGT VEH-2022-07. Todo isto farase previamente á circulación en fase de proba do vehículo automatizado durante os ensaios. Con todo este conxunto de probas verificadas, o modelo que se queira pór en circulación en vías públicas poderá facelo. Iso, sempre que se informe á DGT do lugar, traxecto, data e hora elixidos pola institución ou empresa que desexe probar o seu vehículo.


 

O momento da verdade

 

A pesar das medidas de seguridade que se tomen, sempre queda a dúbida de si o automóbil autónomo responderá de maneira positiva e sen causar danos na vía ou a terceiros. Según Sánchez, as medidas de seguridade neste tipo de exercicios permiten ofrecer garantías tanto para terceiros como a vía na que se circula. 
 

Por outra banda, durante os ensaios en vías públicas un condutor deberá estar no posto de piloto en caso de ser necesario tomar o control do vehículo ante algunha incidencia. Isto non quita que se estea monitorizando de forma continua o automóbil para rexistrar os datos emitidos durante o traxecto de circulación. Tampouco isto resta para que se inclúan máis medidas de seguridade buscando o evitar calquera eventualidade.


 

Un servizo pensado para terceiros
 

O traballo que desenvolverán CTAG e INSIA non se cinguirá a un só proxecto senón que estamos ante o ensamblado dun servizo de ensaios, tal como explica Francisco Sánchez, para a verificación de vehículos autónomos e que estes reúnan todas as condicións requiridas pola DGT. A colaboración entre as dúas entidades busca a cobertura de todo tipo de probas e ensaios obrigatorios estipulados na instrución VEH-2022-07.
 

A suma das dúas entidades permitirá o traballo de análise para os diferentes tipos de vehículos. Isto implica incluír solucións para diferentes terreos, pois un vehículo autónomo debe responder as esixencias do espazo e os lugares onde se van a empregar. Así, creáronse niveis de automatización e ODDs (Operational Desing Domains) para os que se deseñou un vehículo automatizado.
 

Como explica Sánchez: “Non é o mesmo automatizar un vehículo para que funcione nunha contorna de aparcadoiro (velocidades baixas e situacións non moi complexas) como para unha contorna de autoestrada (velocidade alta pero un único sentido de marcha)”. E si falamos de contornas urbanas e rurais estamos a meternos en espazos máis complexos. É por iso que a automatización debe evolucionar a niveis moi exixentes para contornas exixentes.

 

Aínda que parte do antes descrito desenvólvese en laboratorio, o ensaio de vehículos autónomos en estradas con tramos complexos permite un avance máis seguro e rápido na evolución deste tipo de condución. A conclusión é que estamos ante unha boa oportunidade para España e para Galicia, pois poderían converter “nun dos lugares de referencia no desenvolvemento e validación do vehículo autónomo e conectado”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE