O eucalipto dispárase en Galicia multiplicando por 10 a súa superficie respecto de fai 50 anos

Expertos aseguran que a situación actual non é a máis preocupante, "senón a que nos espera"


|

Plantación de eucaliptos.
Arquivo - Plantación de eucaliptos

Segundo os datos achegados polo achegados polo 8º Congreso Forestal Español, a superficie de eucalipto en Galicia aumentou exponencialem. Estes datos indican que Galicia podería ser a única comunidade do norte de España onde o eucalipto mantería unha extensión desbocada, segundo explicou a Asociación Ecoloxista Arco Iris. Unha parte importante de Galicia converteríase entón nun hábitat propicio para esta especie forestal invasora, xa considerada así polo Comité Técnico do Ministerio de Agricultura.

 

Nos últimos 50 anos os datos a nivel estatal indican que a superficie ocuapada polo eucalipto multiplicouse por 4,6. A superficie plantada de eucalipto pasou de 84.323 ha entre os anos 1966 e 1974 a un total de 389.033 no ano 2014. Con todo, existen importantes diferenzas entre comunidades autónomas. No caso de Galicia, o número de hectáreas de eucalipto multiplicouse por 11,29, mentres que en Asturias se multiplicou por 1,90; en Cantabria , por un 1,20, e no País Vasco por 6,99.

 

O norte da Península Ibérica pasa a representar por tanto o 18,22% da superficie arboredo total, con diferenzas moi marcadas entre comunidades autónomas.

 

"A SITUACIÓN ACTUAL NON ES A MÁIS PREOCUPANTE"

A cifra de monte de eucalipto en Galicia está cifrada en 409.000 ha, segundo datos do Inventario Forestal Continuo da Xunta de Galicia, unha cifra mesmo superior á achegada polo Consello da Cultura Galega. Ramón Varela Díaz, catedrático e doutor en Bioloxía, advertiu o eucalipto podería estar presente mesmo en 600.000 ha. Ademais, o experto advirte de que a situación actual non é a máis preocupante, "senón a que nos espera", xa que segundo indica existe un hábitat potencialmente axeitado para que esta superficie ocupada por esta especie siga aumentando. De feito, indica Varela, mesmo nos escenarios máis pesimistas habería unha expansión substancial do hábitat do eucalipto.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE