Faltan tan só unhas horas para o inicio do curso escolar "máis caro" para as familias
3 de cada 4 familias endebédase no mes de setembro facendo fronte non só á costa do fin das vacacións de verán, senón á temida como volta ao cole
A volta ao cole está a menos de 24 horas. Este luns todos os niveis educativos darán comezo ás clases, desde Educación Intantil até o Bacharelato, pasando por Primaria, Educación Especial ou a ESO. Volverán ás aulas máis de 225.00 alumnos e este ano farano acompañados do encarecemento da vida e da subida dos custos deste regreso aos estudos.
3 de cada 4 familias endebédase no mes de setembro facendo fronte non só á costa do fin das vacacións de verán, senón á temida como volta ao cole, segundo sinala o Informe Europeo de Pago de Consumidores, editado por Intrum . De feito, indican que un 76% recorrerá a prestamos ou a anticipos de cartón para poder financiar as compras de inicio de curso.
Este será entón o inicio de curso máis caro para as familias. Gastos como roupa nova, material escolar ou libros de texto son este ano un 5% máis caros que o ano pasado, segundo afirma a OCU, que prevé que as familias gasten aproximadamente 530 euros no equipamento da volta ás aulas.
A OCU estimou tamén en 1.361 euros o gasto total anual para a volta ao cole dos galegos, un gasto tendo en conta que os nenos acoden a un centro público. Acuediendo a un centro concertado este gasto pode aumentar en máis de 3.000 euros, e máis de 7.000 no caso dun privado, aínda que isto dependa do nivel de estudos que se curse.
GASTO POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS
A OCU publicou a estimación de gasto escolar elaborada a partir de enquisas aos consumidores de varias comunidades autónomas. Galicia ten sorte, pois moitas outras comunidades, como é o caso de Cataluña ou Madrid, gastan máis do dobre na volta ao cole.
PANORAMA "ANGUSTIOSO"
A vicepresidenta da Confederación de Anpas Galegas, Isabel Calvete, cualificou este panorama de "angustioso" para moitas familias, sobre todo aquelas que deben recorrer a préstamos ao a créditos para poder afrontar os gastos escolares dos seus fillos.
"A subida de prezos vémola todos cando imos encher ou cando imos ao super. Pois si a iso sumarlle, en setembro, unha familia con dous fillos, por exemplo, que meta de 700 a 1.00 euros na volta ao cole... é bastante absurdo", denunciou Calvete.
Desde a Confederación de Anpas Galegas prevese que esta volta ao cole sexa como todos os anos, "caótica", aínda que desde logo "máis cara" que en anos anteriores. "Sospeitamos que será outro pau para as familias e a educación pública e gratuíta non pode custar o que costa. É un dereito constitucional", indicou.
As Anpas galegas reclamaron á Xunta de Galicia un sistema de préstamos de libros gratuítos, como o que xa existiu no seu momento, aínda que Rueda rexeitou esta posibilidade, considerando que "nin é xusto, nin funcionou".
Trátase, con todo, o dos libros de texto, dun gasto que supón para as familias entre 200 e 600 euros.
Escribe o teu comentario