Quedan poucos días para poder solicitar a axuda de 200 euros contra a inflación
O IPC rolda o 6% pero os prezos de necesidades básicas como a alimentación ou a enerxía creceron moito máis no último ano. Para compensar ás familias con menos recursos e sen outras axudas sociais, o goberno lanzou esta medida, cuxo prazo de solicitude termina a final de mes.
O prazo para solicitar o cheque de 200 euros proposto polo Goberno está a piques de finalizar. Máis concretamente, será o próximo 31 de marzo o último día para solicitar a axuda á Axencia Tributaria, que é o organismo encargado de xestionar a axuda.
As persoas que poden solicitar esta axuda son os asalariados, autónomos ou desempregados inscritos nas oficinas de emprego e que non reciben outras prestacións de carácter social, como as pensións ou o Ingreso Mínimo Vital. Esta axuda outórgase á unidade familiar (non de forma individual), polo que os requisitos económicos inclúen a todos os membros da familia.

Para conseguir o cheque, non se pode superar o limiar de 27.000 euros anuais de ingresos, nin ter un patrimonio superior a 75.000 euros. No entanto, a vivenda habitual queda excluída do cálculo do patrimonio. Tamén existe o requisito de ter a residencia habitual en España.
O ingreso do cheque de 200 euros contémplase dentro dun prazo de tres meses desde o 31 de marzo, o día no que se pechará o prazo para solicitalo, até o 30 de xuño. Cabe destacar que as solicitudes obterán resposta por orde de entrada, polo que os primeiros serán posiblemente os que leven a axuda.
Escribe o teu comentario