Toda a Cámara urxe ao Goberno iniciar o concurso de transición xusta para a térmica de Meirama

Mercedes Queixas, do BNG, referiuse á "descoordinada" planificación para a zona, con diferentes anuncios de proxectos "dos que non se sabe nada"


|

Comisión de Industria
Comisión de Industria

O parlamento galego ha pedido, por unanimidade, tras a proposta do Bloque Nacionalista Galego, que o Goberno central inicie de forma  inmediata o concurso de transición xusta para a central térmica de Meirama, no municipio coruñés de Cerceda.

 

Na Comisión de Industria, Mercedes Queixas, do #BNG, referiuse á "descoordinada" planificación para a zona, con diferentes anuncios de proxectos "dos que non se sabe nada", talles como unha planta de hidrógeneo verde ou unha central hidroeléctrica reversible, ao que se suman catro parques eólicos na contorna.

 

Así, critica o "incumprimento" por parte do Estado deste concurso, á vez que carga contra a "barra libre" por parte do Partido Popular e a Xunta de Galicia para as eléctricas.
 

Alerta de que esta transición xusta pode converter nunha "traizón inxusta" para unha zona que "ten memoria recente do espolio", pero "tamén de dignidade".

 

Mercedes Queixas expuxo que a poboación de Cerceda superaba os 7.000 habitantes en 1980, antes da instalación da central térmica, pero tras o peche desta instalación tan só quedaban unso 5.000 veciños en 2020. É por iso que se pregunta "como rentó a ganancia" para o pobo se "o camiño é avanzar cara a un deserto demográfico".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE