A Xunta aumenta un 20% as bolsas para que alumnos de universidades públicas melloren o seu nivel en idiomas no verán
O prazo de solicitude estará aberto até o 14 de marzo
A Xunta de Galicia aumentou este ano un 20% o número de bolsas para que o alumnado das universidades públicas galegas mellores as súas competencias en linguas estranxeiras durante o verán.
Trátase dun total de 170 axudas, que constan de 1.000 euros cada unha, co obxectivo de que os estudantes realicen estancias de formación lingüística nalgún Estado membro da Unión Europea entre o 15 de xuño e o 31 de agosto do 2023.
O #DOG publicará este luns a convocatoria. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto até o 14 de marzo. Deberán presentar por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta .
Poderán optar a elas os universitarios que estean matriculados no curso 2022/2023, con como mínimo 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema Universitario de Galicia en estudos de grao.
Os aspirantes tamén deberán superar 60 créditos con data do 30 de setembro de 2022. Os interesado deberán acreditar que van realizar un curso de idiomas no mecionado período cunha duración mínima de tres semanas, excluíndo as datas da viaxe, e cun mínimo de 60 horas lectivas. O idioma que desexe cursar deberá corresponder co oficial do país elixido.
Escribe o teu comentario