A Xunta conxelará, pero non eliminará, o prezo das peaxes nas autoestradas autonómicas para "axudar ás familias"

A Xunta de Galicia conxelará en 2023 as peaxes nas autoestradas de titularidade autonómica que teñen esa taxa, para paliar os efectos da inflación e "axudar á economía das familias", tal e como avanzou este luns a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.


|

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, pon en valor o "esforzo" da Xunta de Galicia ao conxelar as peaxes. 

 

As autoestradas de peaxe autonómicas de Galicia "seguirán sendo das máis baratas de España", celebra a Xunta.

 

Peaxe
Foto: EP

 

A Xunta de Galicia conxelará en 2023 as peaxes nas autoestradas de titularidade autonómica que teñen esa taxa, para paliar os efectos da inflacción e "axudar á economía das familias", tal e como avanzou este luns a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez.

Así, durante unha visita á estación de buses de Carballo (A Coruña) para supervisar a aplicación do 50 % do desconto nos billetes de bus interurbanos, a conselleira confirmou que o goberno galego reservará nos orzamentos de 2023 entre 4,5 e 5 millóns de euros para "absorver" a subida que experimentarían as peaxes (das autoestradas A Coruña-Carballo e Vigo-Baiona) se se aplicase a actual inflacción "de dous díxitos".

Ethel Vázquez lembrou que xa o ano pasado a Xunta, cunha inflacción do 5 %, decidiu "mitigar" a subida das peaxes neses viais, aplicando só un incremento do 2,5 %. Agora, cunha inflacción moi superior, cun contexto económico "moito peor", o goberno galego, incidiu, "incrementará o seu esforzo" e "conxelará" as peaxes en 2023.

Deste xeito, recalcou a conselleira, as autoestradas de peaxe autonómicas de Galicia "seguirán sendo das máis baratas de España", e engadiu que xa o goberno galego vén aplicando bonificacións para familias numerosas, viaxeiros recorrentes ou viaxes nocturnas. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE