O prezo dos coches alcanza máximos históricos

Viuse incrementado un 9,2% respecto a as mesmas datas no ano anterior. A crifa máis alta rexistrada ata o de agora era en marzo de 1996, que foi superada pola do pasado mes de agosto.


|

Arquivo - Unha muller enchendo nunha gasolineira, ao 12 de maio de 2022, en Madrid (España). O prezo medio dos carburantes en España remontou esta semana máis dun 2% e escalou a novos
Arquivo - O prezo medio dos carburantes en España remontou esta semana máis dun 2%

O Índice de Prezos de Consumo dos automóbiles situouse nun 9,2% durante o pasado mes de agosto en taxa interanual, manténdose estable despois de susperar máximos históricos nos pasados meses, segundo datos que publicou este venres o Instituto Nacional de Estatística.

 

Durante o mes de xullo, o IPC dos automóbiles situouse nun 9,3% en taxa interanual. Desta maneira, supera a cifra máis alta que se rexistrou ata a data, que foi en marzo de 1996, cando se chegou a elevar un 4,9%.

 

Fuentes do sector do automóbil declaran que o encarecemento é debido á subida dos prezos das materias primas, ademais da escaseza de oferta de produto, que veu provocada pola crise de subministración de semiconductores. Isto motivou, pois, unha subida de prezos, tanto en modelos novos como usados.

 

Durante os oito primeiros meses deste exercicio, ata agosto, o prezo do automóbil experimentou un aumento do 7,7%, que veu acompañado dunha subida do 0,4% na variación mensual.

 

No caso das motocicletas, este incremento do prezo no mes de agosto foi dun 5,4% interanual: un 4,8% respecto ao comezo do exercicio e un 0,2% de variación intermensual.

 

As pezas de reposto e os accesorios para vehículos tamén se encareceron, pola súa banda, un 10% en agosto respecto ao mesmo mes do ano pasado. Son un 0,7% máis caros comparándoo co mes anterior e un 7,4% no que vai de 2022.

 

Ao mesmo tempo, os carburantes aumentaron o seu prezo un 18,9% en taxa interanual e encarecéronse un 13,2% desde que se iniciou o exercicio actual, pero rexistraron unha caída do 8,3% na variación intermensual.


Os servizos de mantemento e reparación de vehículos tamén pecharon o mes de agosto cun aumento de prezos. Trátase dunha subida do 4,5% en comparación co 2021, cunha variación mensual de 0,6% e unha subida desde principios de 2022 do 3,7%.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE