Pésimos datos do paro en España e algo menos malos en Galicia confirman o riessgo dunha recesión

O Goberno achaca o sorprendente incremento do desemprego a nivel estatal á incerteza creada pola Guerra de Ucraína. Os números en Galicia tamén son malos, aínda que non se destrúe emprego, grazas ao boom do turismo, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. 


|

Gru00e1fica da variaciu00f3n do paro nos ou00faltimos meses de xullo en Galicia
Gru00e1fica da variaciu00f3n do paro nos ou00faltimos meses de xullo en Galicia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) descendeu en 1.082 persoas en xullo en Galicia, o que supón un 0,77% menos que no mes anterior, segundo datos publicados este martes polo Ministerio de Traballo e Economía Social, recollidos por Europa Press.
 

 


Desta forma, o paro comportouse de mellor forma en Galicia que na media nacional, xa que no total de España o desemprego aumentou o mes pasado nunhas 3.230 persoas, un 0,1% máis que en xuño.

 



Nos últimos 12 meses, o paro contabilizou unha baixada de 12.084 persoas na Comunidade galega, un 7,95% menos que en xullo de 2021, deixando un total de 139.850 persoas anotadas nas oficinas de emprego.

Por provincias, A Coruña pechou xullo con 55.753 parados, 554 menos que un mes antes e 5.077 menos que no sétimo mes de 2021, baixando un 8,35%. En Lugo rexistráronse 159 parados máis, ata 13.479, a pesar de que nos últimos 12 meses baixaron en 1.058 persoas, un 7,28% menos.

 



Ourense contabilizou un aumento de 179 parados, ata 16.564 persoas en xullo, aínda que desde o mesmo mes do ano pasado baixou en 761 desempregados, un 4,39% menos. Pola súa banda, en Pontevedra hai 866 parados menos que en xuño, ata 54.054 persoas, e 5.188 desempregados menos que en xullo de 2021, un 8,76% menos.

Ademais, as mulleres galegas seguen sufrindo máis o desemprego que os homes, xa que o paro feminino en Galicia supón o 58,8% do total.

 



Por sectores, 4.864 parados galegos pertencen ao mundo da agricultura, mentres que outros 14.743 ao da industria. O sector da construción dispón de 9.878 parados, mentres que o sector servizos, de 99.066 desempregados en Galicia.

DATOS NACIONAIS
A nivel nacional, o número de parados rexistrados nas oficinas de emprego aumentou en 3.230 persoas en xullo, un 0,1% máis que en xuño, aínda que se mantén por baixo dos 2,9 millóns de parados, nos 2.883.812 desempregados, sempre segundo datos do Ministerio.

A carteira dirixida por Yolanda Díaz lembra que "non é a primeira vez que sobe lixeiramente o paro nun mes de xullo" e aclara que o repunte deste ano "foi significativo a partir da metade do mes, en gran parte debido á incerteza internacional". En Galicia, os datos tampouco son bos. Non se ha destruído emprego, pero a redución de desempregados foi moito menor que o habitual neste mes. De feito, é a peor cifra desde 2005. 

 



Con todo, en comparación cos datos de xullo de 2021, o paro reduciuse en 532.683 persoas, a maior caída interanual, como apuntan desde o ministerio.

En termos desestacionalizados, o paro rexistrado subiu en xullo en 56.945 persoas. No último ano o desemprego acumula un descenso de 532.686 parados, o que supón un 15,59% menos que en xullo de 2021.

AUMENTA O DESEMPREGO FEMININO
O paro repuntó en xullo no sector servizos, cun crecemento do 0,56%, ata os 11.237 desempregados. No caso da educación, os parados aumentaron en 23.708 persoas, e é o sector "onde máis se acusou ese ascenso" como consecuencia do "fin do ano escolar", explican desde Traballo. Ademais, lembran que no caso concreto da Educación "a perda de empregos afecta a contratos previos á entrada en vigor da reforma laboral".

Na Agricultura, contabilizáronse 825 parados máis, un 0,56% máis que hai un ano, mentres que na Construción o paro creceu en 976 persoas, un 0,43%.

Pola contra, a desocupación contraeuse un 0,81% na Industria, cun descenso de 1.909 persoas, e no colectivo Sen Emprego Anterior, que este mes de xullo anota 7.899 persoas menos (-3,17%).

O paro aumentou en xullo entre as mulleres, ata sumar 4.573 desempregadas máis (0,27%), ata situarse en 1.728.388, mentres que no caso dos homes descendeu un 0,12%, con 1.343 parados menos, ata 1.155.424 persoas.

Por idades, o desemprego entre os mozos menores de 25 anos diminuíu en 12.604 persoas, un 6,26% menos respecto a xuño, e coloca a cifra total en 188.605 parados, a mellor da serie histórica, segundo Traballo.

Traballo resaltou que, en comparación con xullo de 2021, o desemprego entre os menores de 25 anos mostra un ritmo de baixada do 28,1%.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE