Borja Iglesias ao Mundial! 'O Panda' será o representante galego na Selección Española

O dianteiro do Celta de Vigo forma parte da lista de 26 anunciada por Luís de la Fuente.


|

Borja iglesias españa
Borja Iglesias | Foto: RTVE

 

Non houbo excesivas sorpresas na lista anunciada este luns por Luís de la Fuente. A Selección Española, unha das máis firmes candidatas a gañar o próximo Munidal da FIFA, conta xa cos 26 que se enfundarán 'A Vermella' en Estados Unidos, México e Canadá. O debut de España non será até o 15 de xuño pero antes terán lugar unha serie de amigables para afinar a puntaría dos pupilos do seleccionador, un grupo no que se atopa o galego Borja Iglesias.

 

 

O PANDA ES MUNDIAL

'O Panda' era a mellor baza de Galicia para contar cun representante no próximo Mundial. O dianteiro do Celta de Vigo foi un dos futbolistas máis en forma do cadro vigués, que logrou este fin de semana a clasificiación para unha nova edición da Europa League como sexto clasificado en liga. Os celestes repiten na cita continental, despois de caer eliminados en cuartos de final contra o Friburgo, ao cabo finalista dun torneo que levou o Aston Villa.

 

O concurso de Borja Iglesias estaba practicamente garantido. Con 14 goles foi un dos máximos artilleiros do campionato nacional, mesmo número de tantos que xigantes como Lewandowski ou que sorpresas como Toni Martínez. Só Oyarzabal, con 15 goles, e Lamine Yamal e Ferran Torres, con 16 cada un, superan ao ariete celtiña nesta clasificación. Ademais, a Borja hai que sumarlle dous goles en Copa do Rei e outros dous en Europa League, a máis diso tres asistencias, polo que o compostelán este ano participou en máis de 20 goles de maneira directa.

 

Foto: EP

 

Non houbo sorpresas na lista definitiva no que respecta a Galicia. Nomes como Brais Méndez, Gabri Veiga, Santi Comesaña, Nico González ou Álvaro Carreras, a pesar da sensacional tempada dalgún deles, non irromperon nunha lista definitiva onde si atopamos a Gavi, ausente por lesión nas últimas chamadas e mesmo na Eurocopa de 2024, ou Joan García, que reaviva o debate na portaría de España. 

 

 

LISTA:

PORTEIROS: Unai Simón, David Raya e Joan García.


DEFENSAS: Marcos Llorente, Pedro Porro, Eric García, Pubill, Laporte, Pau Cubarsí, Marc Cucurella e Grimaldo.


CENTROCAMPISTAS: Mikel Merino, Pedri, Fabián, Olmo, Zubimendi, Gavi, Rodri e Baena.
 

DIANTEIROS: Oyarzabal, Nico Williams, Yeremy Piñeiro, Ferran, Borja Iglesias, Víctor Múñoz e Lamine Yamal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE